O alcalde de Santiago espera superar este ano a cifra de participación en Womex, que se celebrará en outubro

A Deputación coruñesa financiará o 70% do orzamento, cunha achega de 215.000 euros

Santiago de Compostela | 25/08/2016 | Actualizada ás 13:20 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, mostrouse confiado en superar na edición deste ano do festival The World Music Expo (Womex), que se celebrará na cidade entre o 19 e o 23 de outubro, a cifra de participación da anterior, que tivo lugar en 2014.

Así o manifestou tras a sinatura dun convenio co vicepresidente da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, polo que a institución provincial achegará 215.000 euros a esta proposta, o que supón o 70 por cento do orzamento.

Tras a sinatura do convenio, Goretti Sanmartín explicou que case o 50% está destinado a recursos humanos", en alusión ao emprego que se xerará durante a celebración da considerada unha de maiores feiras profesionais dedicadas a músicas de mundo.

ESCAPARATE DA MÚSICA GALEGA

Tanto a vicepresidenta da Deputación da Coruña como o alcalde de Santiago destacaron, ademais, a presenza de grupos e cantantes galegos como o caso de Radio Cos.

Martiño Noriega remarcou, ademais, o apoio da institución provincial, mentres que mostrou a súa confianza en que esta edición supere a participación de 2014, cuns 2.400 delegados e 1.470 empresas de máis dun centenar de países. "Ademais do impacto económico, suporá un escaparate para a música galega", sinalou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta