Esquerda Unida acusa a Feijóo de "poñerse de perfil" fronte ao carreteo de votos

O deputado de AGE e coordinador comarcal de Esquerda Unida en Lugo, Ramón Vázquez, acusou o presidente da Xunta e candidato á reelección polo PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de "poñerse de perfil" fronte ao carreteo de votos.

LUGO | 25/08/2016 | Actualizada ás 15:01 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O deputado de AGE e coordinador comarcal de Esquerda Unida en Lugo, Ramón Vázquez, acusou o presidente da Xunta e candidato á reelección polo PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, de "poñerse de perfil" fronte ao carreteo de votos.

Á espera de que se resolva sobre a apertura de xuízo oral contra catro membros do Partido Popular polo suposto carreteo de persoas coas capacidades minguadas para emitir voto nas eleccións autonómicas de 2011, esixiu "unha condena" por parte de Feijóo.

Ademais, ás portas do inicio da campaña para os novos comicios electorais en Galicia, reclamou do candidato popular "o compromiso por unha campaña limpa".

O pasado mes de xuño finalizou a instrución da investigación, iniciada a partir dunha denuncia de Esquerda Unida, pola que o Xulgado de Instrución número 2 se reafirmou na imputación de catro afiliados.

"Seguimos vendo como o presidente da Xunta se pon de perfil ante este caso malia haber probas irrefutables, como fotos,", recriminou Vázquez.

Por outra parte, Esquerda Unida lamentou que recentemente, e malia a súa imputación, Teresa Taboada, que foi concelleira no concello de Lugo, foi nomeada membro da xunta directiva da presidenta provincial do PP, Elena Candia.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta