Consello.- A Xunta suma 43 itinerarios en catro novas bisbarras ao seu plan de sendas peonís

Amplía ata superar os 1,7 millóns de euros o presuposto do convenio para dotar do equipamento necesario os puntos limpos

Santiago de Compostela | 25/08/2016 | Actualizada ás 19:21 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta prevé incorporar 43 novos itinerarios nas bisbarras de Lugo, Ourense, O Morrazo e Pontevedra ao seu plan de sendas peonís, no marco do cal se proxectaron xa 75 quilómetros de rutas.

Diso deu conta o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, en rolda de prensa tras a reunión do Consello da Xunta.

Destacou que a segunda fase do plan, que o seu goberno coñeceu este mesmo xoves, estipula unhas inversión de 10 millóns de euros para executar 50 quilómetros de camiños para peóns e ciclistas que serán "seguros, funcionais e integrados na paisaxe".

Ademais, apuntou que máis da metade das sendas definidas na primeira fase, un total de 31 de 55, aínda están en fase de redacción. Das que xa concluíron este trámite, catro están en execución.

En canto ás novas rutas, a previsión que manexa a Xunta é que os seus proxectos construtivos estean en redacción antes de finais de 2016.

PUNTOS LIMPOS E OBRAS

Á marxe das sendas peonís, o Consello da Xunta decidiu este xoves ampliar por enriba dos 1,7 millóns de euros o presuposto do convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para dotar os puntos limpos do equipamento necesario para procesar o material eléctrico ou electrónico.

Na mesma liña de colaboración cos concellos, o Goberno galego achegará 530.000 euros á modernización do mercado de Pontedeume. É a súa achega a un convenio de case 1,6 millóns que tamén subscriben a localidade coruñesa e a deputación.

En paralelo, son case 600.000 euros das arcas autonómicas os que se inverterán na humanización de varias rúas en Friol (Lugo), Ordes (A Coruña) e Cotobade (Pontevedra). Así mesmo, o Executivo galego aprobou a expropiación de 139 terreos para executar melloras na PO-353 no Rosal.

Por outra parte, a Xunta "axilizará a cesión gratuíta" aos concellos dos terreos do Banco de Terras que non son aptos para o uso agrogandeiro ou forestal por contar con edificacións ou instalacións. Se ben xa se entregaron unhas 50, agora tramitarase o traspaso doutras 200.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta