Temas: SERGAS

Folga no mantemento informático do SERGAS

A consultora Tecnocom enfróntanse a un conflito colectivo debido aos salarios. Os informáticos que levan o soporte de programas como os que permiten dispensar medicamentos están chamados a unha folga de tres días.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/08/2016 | Actualizada ás 11:14

Comparte esta noticia

Traballadores da consultora Tecnocom concentraranse esta mañá diante do Psiquiátrico de Conxo, en Santiago, para demandar da empresa que sente a negociar.  Tecnocom é a contratista do soporte técnico informático en numerosas aplicacións informáticas do Sergas. Por exemplo, a do expediente electrónico FIDES ou a ferramenta de dispensación de Sintrom, un dos medicamentos vasculares máis receitados. 

Unha pasada mobilización dos traballadores de Tecnocom en Santandar
Unha pasada mobilización dos traballadores de Tecnocom en Santandar | Fonte: CCOO

Ante esta situación, o sindicato CIG preguntou por escrito ao goberno polas medidas adoptadas de cara a paliar as posíbeis consecuencias negativas. Cómpre lembrar que son os técnicos de Tecnocom os que deben asistir aos galenos cando teñen calquera problema coas ferramentas informáticas Os próximos días 1, 2 e 5 de setembro está convocada unha folga.

A central demanda ao Sergas que presione a contratista para evitar a folga. En concreto, que inicie a negociación co seu persoal para evitar o conflito laboral.

Tecnocom é unha consultora de orixe galego que traballa en todo o Estado e Iberoamérica. Os empregados levan tempo denunciando a conxelación do seu poder adquisitivo, malia os beneficios que din obten a compañía. O último episodio de conflito colectivo ten que ver coa remuneración dos festivos, pois a veintena de informáticos que dá soporte ao SERGAS debe traballar todos os días do ano.

Temas: SERGAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 sigmund walhanstein ONU

FRIJOLES... DEXENERADO... doutor menguele do sergas... ides convertir nun matadoiro o hospitais... esto non e clinica veterinaria de terceira de MER. aqui vive xente... acaso vades a remudar os uniformes de enfermeiras e celatas para que vaian correndo polos pasillos levando as notas de peticións de medicacións ... señores esto vai ser muito peror cando saen as diferencias e os carros de farmacias xa estan levados.... MATARIFES PEPEIROS A QUE ESTADES ORGANIZANDO, tedes sorte da merdeyha que si non acabades xulgados na ONU na oficina de xenocidios e crimes de guerra!!!!

1 Lakrado

Entendo que o comentario vai dirixido aos directivos da empresa Tecnocom.