Manifestación dos traballadores contra o lume para denunciar a falta de medios e precariedade

Todos os sindicatos do Servizo Público de Defensa Contra Incendios Forestais (SPDCIF) únense para convocar unha protesta no Obradoiro o próximo xoves.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 26/08/2016 | Actualizada ás 12:12

Comparte esta noticia

CIG, CCOO, CSIF e UGT reclaman que a Consellaría de Facenda volva a mesa de negociación ante "os graves problemas que afectan ao SPDCIF".  Para meterlle presión ao Goberno, lanzan unha manifestación. Será o vindeiro 1 de setembro, xoves, ás 11:00 horas, na Praza do Obradoiro de Santiago.

Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas
Como queda o traxe dun bombeiro forestal logo de loitar contra as lapas | Fonte: bombeiros forestais de Galicia

Na súa opinión viviimos unha "situación de emerxencia" debido ao desmantelamento, atomización e privatización das tarefas contra os lumes.

Consideran que esta “irresponsable” fragmentación do dispositivo a través dun complexo entramado de organismos, empresas e institucións. Esta política de división de esforzos “está prexudicando gravemente a eficiencia do que sempre foi un servizo público de contrastada eficacia coa única fin de servir a escuros intereses económicos e electoralistas”.

Xunto a isto denuncian a precarización das condicións de traballo, a falta de medios, tanto materiais coma humanos, así como a inestabilidade laboral e profesional  Unha das reivindicacións clásicas do colectivo é que as brigadas tamén traballen no inverno, realizando tarefas de prevención. 

Denuncian ademais o "incumprimento do Goberno do Partido Popular" respecto ao seu compromiso público de recoñecemento da profesión de bombeiro forestal. Lembran que iso “impide o acceso do colectivo ao recoñecemento de enfermidades profesionais propias do traballo desempeñado e o recoñecemento dos correspondentes dereitos legais a redución da idade de xubilación”.

Espectacular incendio forestal en Avión dende un helicóptero das brigadas que loitan contra o lume
Espectacular incendio forestal en Avión dende un helicóptero das brigadas que loitan contra o lume | Fonte: briflaza

Protesta dos bombeiros forestais en Madrid
Protesta dos bombeiros forestais en Madrid
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 aron enriques

http://www.farodevigo.es/…/noa-presas-consider…/1521732.html

1 eamerdeyaque

Noa Presas, número uno da candidatura do BNG ás Eleccións Autonómicas de Galicia, destacou na súa visita á Comunidade de Montes Vecinales en Mancomún de Parderrubias (A Merca) que para o partido é "fundamental un cambio de modelo forestal " que evite o abandono e a privatización fomentados "polas políticas do Partido Popular". A candidata advertiu da importancia de que "Ourense conte con políticas que permitan un cambio estructural que poña fin a anos de políticas parche de gobernos centralistas do PP que non teñen en conta as especificidades dos montes da provincia". Ademais, referenció que o modelo de organización dos montes ourensanos "ocupa un terzo do territorio total da comunidade autónoma, polo que carece de sentido aplicar as mesmas políticas que no resto do Estado".