Temas: EMPREGO

Buscan 25 traballadores para a reapertura dunha fábrica

Cementos Cosmos planea reabrir a explotación de Clinker en Oural, aínda que os seus plans están condicionados por traballos arqueolóxicos.

Por Galicia Confidencial | Sarria | 26/08/2016 | Actualizada ás 18:44

Comparte esta noticia

Enxeñeiros técnicos eléctricos, electrónicos, mecánicos e químicos, así como graduados en Formación Profesional nesas mesmas especialidades. Estes son os perfís que Cementos Cosmos di buscar para a fábrica de Oural, que ten previsto reiniciar a súa actividade ao ano próximo.

Unha das plantas de Cementos Cosmos
Unha das plantas de Cementos Cosmos

Cementos Cosmos planea retomar a actividade da súa cementeira en Sarria, tras varios anos manténdoa baixo mínimos e varios EREs. Con todo, cómpre lembrar que a reapertura, impulsada pola recuperación da construción, está condicionada polos estudos na Cova de Eiros. Un equipo de arqueólogos estuda este verán a saúde deste xacemento de máis de 10.000 anos. Cosmos deberá atopar, se o hai, o balance entre explotar a industria e non danar as delicadas pinturas rupestres, das máis importantes que hai no país.

Con este problema administrativo e de imaxe por medio, a empresa afirma nun comunicado que o luns 29 de agosto e durante un período de 15 días (ata o 9 de setembro) iniciaia o proceso de recepción de curriculum para a posterior selección de persoal e recrutamento de ata 25 profesionais, que se irán incorporando de forma progresiva. As ofertas de traballo estarán dispoñibles no portal en liña de emprego InfoJobs. 

Desde a súa fichaxe por parte da empresa e ata o arranque do forno para producir clinker en Oural, as novas incorporacións de Cosmos pasarán por un período de formación que pode estenderse ata seis meses e que a empresa afirma que contará co respaldo da Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia. Esta formación desenvolverase tanto na planta galega como na de Toral dos Vados (León). Aló transladou Cosmos a súa actividade tras case marcharse de Sarria.

Imaxe, tratada para destacar os elementos artísticos atopados na Cova Eirós de Triacastela (Lugo)
Imaxe, tratada para destacar os elementos artísticos atopados na Cova Eirós de Triacastela (Lugo)
Temas: EMPREGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta