Leiceaga propón un Consorcio do Camiño para dar "estabilidade" ás intervencións e "coidar mellor" a ruta

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou este sábado pola creación dun Consorcio do Camiño de Santiago coa participación de todas as administracións e organismos implicados que dea "estabilidade" ás intervencións e permita "coidar mellor" da ruta.

LUGO | 27/08/2016 | Actualizada ás 13:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato do PSdeG á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, apostou este sábado pola creación dun Consorcio do Camiño de Santiago coa participación de todas as administracións e organismos implicados que dea "estabilidade" ás intervencións e permita "coidar mellor" da ruta.

Nun acto en Sarria no que fixo un tramo á inversa do Camiño de Santiago para denunciar a situación dos mozos que se ven obrigados a deixar Galicia para traballar, Leiceaga recordou que a Ruta Xacobea é "unha parte moi relevante do patrimonio cultural e histórico de Galicia" e supón "unha enorme riqueza que debe ser coidada de forma preferente".

"Queremos coidar mellor o camiño", dixo Leiceaga con respecto ás propostas socialistas, que pasan por desenvolver "o seu aspecto cultural e patrimonial" e non "unicamente o turístico".

Para facer central esta política, o candidato do PSdeG apostou pola creación dun Consorcio do Camiño no que estean representadas distintas administracións e que "garanta estabilidade" nas intervencións" e a consideración de "diferentes perspectivas".

SAÍR AO EXTERIOR

Xoaquín Fernández Leiceaga tamén aproveitou este acto para denunciar a situación dos "miles de galegos" que, "froito da política económica" de Alberto Núñez Feijóo, "teñen que saír ao exterior a buscarse unha oportunidade para desenvolver a súa carreira profesional".

Para iso, o candidato socialista fixo un tramo á inversa do Camiño de Santiago para "simbolizar" esta marcha. "Aquí temos unha encrucillada do Camiño (...), pero polos dous lados sáese de Galicia e ese é o destino que a política de Núñez Feijóo deu aos mozos galegos estes anos".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta