Rajoy presiona ao PSOE para formar goberno e alerta dun “cuatripartito” en Galicia “inestable e extremista”

O presidente en funcións afirma que "a formación dun goberno en España é aínda hoxe máis un desexo que un feito" e esixe máis responsabilidade ao PSOE para desbloquear a situación. Critica ademais que os partidos que queren ser alternativa ao Goberno de Feijóo están sumidos en "tremendas loitas de poder".

Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 27/08/2016 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, afirmou hoxe en Cotobade que "a formación dun Goberno en España é aínda hoxe máis un desexo que un feito", e esixiu máis responsabilidade ao PSOE para desbloquear a situación. Tamén criticou aos partidos que pretenden ser a alternativa ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo en Galiicia, aos que acusa de estar sumidos en "tremendas loitas de poder".

Mariano Rajoy, en Cotobade, acompañado por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e Ana Pastor
Mariano Rajoy, en Cotobade, acompañado por Alberto Núñez Feijóo, Alfonso Rueda e Ana Pastor | Fonte: Europa Press.

Rajoy fixo estas declaracións durante a clausura do acto de apertura do curso político, que tivo lugar na localidade pontevedresa de Cotobade, na Carballeira de San Xusto, e no que acompañou ao presidente do PPdeG e candidato á reelección como presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nas eleccións galegas do próximo 25 de setembro.

O presidente do Partido Popuiar destacou durante a súa intervención que Ciudadanos e Coalición Canaria "fixeron un esforzo" para alcanzar un acordo de investidura que permita formar un Executivo e mostrou a súa esperanza en que se poida "pechar pronto un acordo con ambas as dúas forzas políticas".

Non obstante, recordou que aínda que o PP consiga un acordo con Ciudadanos e CC, a suma son 170 deputados e non sería suficiente para formar Goberno. "Témome que hoxe é aínda moito máis un desexo que un feito", recoñeceu hoxe Rajoy, cando se cumpre o ultimato dado por Ciudadanos o pasado xoves aos populares para pechar o acordo de investidura.

Por iso advertiu que se o PSOE vota 'non' á súa investidura como presidente do Goberno "estaremos na mesma situación que decembro e iso xa sería moi perigoso para o noso país".

"As cousas van ben, pero poden empezar a deixar de ir ben e xa son moitos os avisos que empezamos a recibir dentro e fóra de España de que non se pode prolongar esta situación no tempo", xa que "sería tremendo que, tras os esforzos dos españois, a irresponsabilidade dalgúns nos volvese a unha situación de crise", subliñou.

Neste sentido, insistiu en que sería "moi negativa" a repetición duns comicios e continuar cun Goberno en funcións ao ser ademais unha "anomalía".

ESIXE RESPONSABILIDADE AO PSOE

Tras máis de oito meses (252 días) sen Goberno con plenas funcións, Rajoy considera que "é momento de apelar á responsabilidade do PSOE, un partido que gobernou moitas veces, que o combatemos porque cremos que as nosas receitas son mellores, pero que sen dúbida fixo achegas ao progreso do noso país".

"Non pode actuar con irresponsabilidade porque se está a xogar os intereses, a economía e a vida de millóns de cidadáns que non son os culpables desta situación," insistiu o presidente en funcións, quen afirmou que dende o PP farán "todos os esforzos programáticos dentro dos límites que marca a Constitución, a lóxica e a razón para intentar saír desta situación.

"É unha enorme irresponsabilidade que aqueles que teñen 52 escanos menos e 2,5 millóns de votos menos que os que gañaron as eleccións volvesen bloquear a constitución de Goberno en España, espero que non sexa así", remarcou.

ELECCIÓNS GALEGAS

Rajoy fixo estas declaracións na clausura do tradicional acto de inicio do curso político, celebrado este ano no municipio pontevedrés de Cotobade, tras a negativa da Deputación, presidida pola socialista Carmela Silva, a ceder o Castelo de Soutomaior. Durante a súa intervención, eloxiou a xestión de Feijóo, do que destacou que "lle avalan os resultados" e gobernou "con responsabilidade e sen demagoxia".

O presidente do Goberno en funcións subliñou que, coa xestión de Feijóo, Galicia hoxe é "estable, moderada e dinámica", e resaltou que a comunidade galega "vai a máis e nin o máis acérrimo adversario ao PP pode negar a evidencia". "Os datos e os feitos non son discutibles", apostilou.

Por iso, pediu aos galegos que avalen a Feijóo, xa que a alternativa sería unha "cuatripartito inestable, radical e extremista", con partidos sumidos en "tremendas loitas de poder".

"Hai dous modelos, un moi bo, que é o de Alberto Núñez Feijóo; e un moi malo (...) que xa coñecemos no bipartito, pero en versión mellorada, inestable, radical e extremista", advertiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 15 comentarios

7 Cuadripartito??

E cal é o cuarto para formar un cuadripartito?

6 Roade

Como para confiar no proceso electoral http://iniciativadebate.org/2016/08...+IniciativaDebate+%28Iniciativa+Debate+P%C3%BAblico%29

5 Nexus 6

¿Voto útil a los nacionalistas? ¿Para qué? ¿Para quién? Anónimo llama “Régimen” al Pacto Político que cristalizó en la Constitución de 1978. Dicho Pacto fue fruto del acuerdo entre la extinta Alianza Popular, la Unión de Centro Democrático, el PSOE, el Partido Comunista de España, el PSP, Convergencia Democrática de Cataluña y la gran mayoría de las fuerzas políticas españolas de aquella época. La Constitución, refrendada por la gran mayoría de los españoles, ha sido la norma fundamental del más amplio período de libertad política y crecimiento económico de la Historia de España y ha servido para que nuestro país se sentase a la misma mesa de las democracias occidentales.

1 anonimo

Pacto entre elites e non unha Constitucion elavorada pola cidadania tras abrirse un proceso de liberdade constituinte. A cidadania so votou sobre o que as elites decidiron. Por certo, a monarquia viña incluida e no se puido escoller entre monarquia e republica. ¿Crecimento economico?. ¿Para quen?. Sentamos na mesa coas democracias occidentais e tamen tivemos que desmantelar boa parte da industria coa entrada na UE. Hoxe non temos moeda propia e dictannos a politica economica dende a UE, case sempre en beneficio de paises do norte.

2 Nexus 6

¿y cual es entonces tu modelo? ¿El de Grecia o el de Portugal? ¿Crees realmente que el sistema comunista resolverá los problemas de nuestra economía? Los sacrificios para entrar en el Mercado Común han sido grandes: reconversión del metal, de la construcción naval, de las industrias de automoción nacional...Pero creo que las contrapartidas han sido infinitamente mejores. El progreso económico y social, aún con sus diferencias es más que evidente. Claro que debe mejorar la redistribución económica, la igualdad social, el progreso en los derechos ciudadanos... Pero eso siempre exige un elevado gasto que ahora no es posible afrontar en su totalidad y, de todad formas, no creo que el modelo comunista, la lucha de clases o la dictadura del proletariado vayan a suponer mayores cotas de bienestar económico y social.

4 anonimo

O unico voto util en Galiza é o voto a forzas nacionalistas. Os demais estan en manter o rexime do 78. Ese réxime que non garante nin traballo, nin futuro, nin salarios dignos, nin vivenda, nin separacion de poderes, nin eleccion por distritos (e non votar listas pechadas) e control dos representantes por parte dos representados, nin republica, nin fin dos monopolios, nin que se poña fin aos aforamentos e as portas xiratorias, nin defender outra politica economica na UE, nin reindustrializar o pais, etc. En Catalunya crece o independentismo pq ven que é a unica saida para a ruptura co réxime do 78.

1 Nexus 6

¿Y quién garantiza el trabajo y el empleo digno? ¿"Democracias" como Venezuela, Cuba, Corea del Norte o China? ¿Repúblicas como Rusia, Brasil, Bolivia o Mozanbique? ¿La separación de poderes y el derecho a la vivienda están garantizados por los partidos comunistas que gobiernan en alguno de esos países? ¿No es precisamente en esos países (con sus "sistemas socialistas") dónde la corrupción, los monopolios y las puertas giratorias copan el poder y se apoderan de las estructuras del Estado?¿Están mejor defendidos los derechos humanos en esos países que en España, Francia, Alemania, Italia o Bélgica? ¿Suecia, Noruega, Dinamarca, Japón o el Reino Unido no son Monarquías Constitucionales?

2 Nexus 6

La Democracia, el Capitalismo o el Estado de Derecho y hasta lo que tú llamas "Régimen del 78" son manifiestamente mejorables, pero no me parece que el nazionalismo (¡vivan los privilegios y la raza! ¡ O tribu o muerte!) o el Comunismo (el individuo negado en sus derechos y súbdito del Estado) vayan a garantizar las libertades y el progreso. ¿Las experiencias de la URSS, Cuba, Corea del Norte, China y los demás países que fueron gobernados por ese sistema económico y social, no te han enseñado nada? Te aseguro que si hubieses vivido en uno de ellos...

3 Gamela

Mentres tanto estaban sangrando á Sanidade Pública e desviando operacións cirúrxicas á Sanidade Privada coa colaboración inestimable das Aseguradoras = MAFIA TOTAL = http://www.publico.es/politica/xunt...