A suma de En Marea, PSdeG e BNG permitiría un goberno progresista

Unha enquisa de Sondaxe sitúa o PP con 37 escanos, as mareas como segunda forza, con 18, e a PSdeG con 15 e BNG con 5 parlamentarios. Ciudadanos quedaría fóra da Cámara.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 28/08/2016 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Galicia podería ter un goberno progresista se se cumpren os prognósticos da enquisa de Sondaxe e se En Marea, PSdeG e BNG son quen de chegar a un pacto tras os comicios do 25 de setembro. O PP perdería a maioría absoluta por un só escano, acadando 37 representantes, mentres que a suma das forzas progresistas sumarían un máis, xusto os necesarios para gobernar en maioría. A enquisa, publicada hoxe por La Voz, deixa fóra do Parlamento galego a Ciudadanos e constata que, contra o que se esperaba tras as últimas eleccións estatais, o voto conservador perdería forza no país.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Sondaxe comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Sondaxe comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

A nova enquisa repite os resultados da publicada hai tres semanas, que xa indicaba que a pesar de que os populares gañarían os comicios, produciríase un empate técnico entre o PPdeG e as forzas de esquerdas, que xa sumaban 38 escanos.

Sondaxe volve dar unha caída de catro escanos para os populares, que pasarían de 41 a 37 parlamentarios, e sitúa como segunda forza a En Marea con 18, o dobre do que conseguira a coalición AGE nos comicios anteriores. Os socialistas perderían tres representantes, acadando 15 —producíndose así o sorpasso— e o BNG seguiría caíndo, pasando dos sete parlamentarios actuais a cinco. Así, en total as forzas progresistas sumarían os 38 parlamentarios que marcan a maioría absoluta na Cámara galega, que ten 75 escanos.

PORCENTAXE DE VOTO

No que respecta á porcentaxe de estimación de voto, os populares obteñen nesta sondaxe o 44,9 por cento, un 1,4 por cento máis que hai tres semanas. De todos os xeitos, esta porcentaxe continúa sendo insuficiente para alcanzar a maioría absoluta.

Pola contra, a coalición En Marea consegue unha estimación de voto do 23,8 por cento, cando a principios de mes Podemos, por unha banda, e En Marea, pola outra, sumaban un 23,7 por cento.

O PSdeG —que nas últimas semanas rexistrou intensos cruces de declaracións entre os seus militantes debido á confección das candidaturas provinciais— perde máis de dous puntos en estimación de voto, aínda que resiste nos 15 escanos.

O BNG repite exactamente os seus resultados de principios de mes, co 7,4 por cento, e Ciudadanos desplómase e acada tan só un 1,6 por cento, unha porcentaxe menor que hai tres semanas, cando conseguiu un 4,1 por cento.

POR PROVINCIAS

Por circunscricións, en Lugo e Ourense gañaría o PP, pero é na segunda na que os populares perden o escano que lles deixa sen maioría absoluta. En ambas as dúas provincias, En Marea cede a segunda posición aos socialistas, aínda que por unha marxe moi estreita.

No eixo atlántico o comportamento é distinto, posto que o PP non conseguiría a maioría nin en Pontevedra nin na Coruña, sendo nesta última provincia onde En Marea obtería os seus mellores resultados, con sete deputados e unha estimación de voto do 27,5 por cento.

Os resultados desta sondaxe mudan totalmente as previsións para Galicia tras as pasadas eleccións xerais, das que saíran reforzados os populares, que conseguiron  no Congreso dous escanos máis por Galicia que nos comicios de 2015, e os socialistas, que lograron manterse como segunda forza, mentres que daquela caíron En Marea, Ciudadanos e BNG.

As autonómicas semellan outro cantar e o cambio parece máis preto, se atendemos á enquisa de Sondaxe. Desta vez a alternativa sería un tripartito, para o cal En Marea, PSdeG e BNG deberían achegar posturas que agora semellan distantes, especialmente entre os primeiros e os terceiros. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 36 comentarios

17 nostrus

A democracia ten como obxetivo a liberdade das personas sin que ninguen nos teña que dicir o que temos que facer coas nosas vidas e o nacionalismo diseña como teñen que ser os galegos para conseguir a identidade colectiva diseñada por eles. Pode ser normal recomendar que non se fume, que se faga deporte ou que se faga unha determinada dieta, por motivos de saude ou de seguridade, pero nunca por motivos identitarios. Imaxinade que o nacionalismo considera que estamos demaseado gordos para o "galego estandar" diseñado por eles e nos impon unha dieta, non lle gusta a realidade lingüistica de Galicia e toma medidas para que mudemos de lingua, non lle gusta o noso modo de vestir e nos dice como debemos de vestir para non contradecir a cultura. Cousas desas ocúrrenselle a reximenes totalitarios como iran, Corea do Norte ou ao BNG

1 peste de nacionalismo

Totalmente dacordo. O nacionalismo espanhol péchanos os galegos dentro do que non somos e impide abrimos ó mundo, integrarmos como nación e colaborar con outros pobos: Espanha, Portugal, Francia, Inglaterra. Se comparamos a historia o único que muda é a agresividade do nacionalismo espanhol dependendo da época, hai tempo de tiro na caluga por indígena, e hai tempo de "disimulo" constitucional e control dos recursos, gayegos paletos que total sodes miserábeis.

16 estadogalego

Galiza precisa unha forza propia e esa so pode ser o BNG. En Marea é unha sucursal de Podemos, no hai máis que ver como copan a maioría dos postos nas listas. O voto o BNG ė útil pois sen o BNG a esquerda non suma. Atacade o incompetente de Feixòo. Eu con Ana Pontòn.

1 Comunista

O BnG está case morto e é unha sucursal da banca española á que lle debe 4,7 millóns de euros. Votar BnG é tirar o voto ou votar Feijóo.

2 estadogalego

Tirar o voto é votar PSOE é Podemos que non se poñen dacordo para botar a Rajoy. Eu nunca lle darei o voto a sucarsais madrileñas, sexa PP, PSdG ou AMarea controlada por unha maioría de deputados de Podemos. O voto útil nacionalista é o do BNG o demáis e puro sucursalismo. Por certo curioso desexo o de algús supostos progresistas querendo que desapareza o BNG. O BNG é necesario para a derrota do PP. O BNG ten un proxecto propio non un teledirixido dende Madrid. Eu con Ana Pontòn!!.

15 Guillerme Gintonic

Enquisa cociñada para favorecer ó PP e o BNG que non vai ter representación NINGUNHA

14 Xonc

Voto útil á Marea? Pero se nin moitos de Podemos vos van votar. Sodes o maior bluff en anos! O partido dos restos, dos sobrantes, dos que botan de todos lados, dos que cheiran moqueta e empezan a salivar

13 Voris

Eu nestas votarei a Pontón do BNG: a única muller candidata. Non son nacionalista pero prefiro unha muller na Xunta e menos machos alfa. #MulleresAoParlamento