Dúas novas enquisas dan maioría absoluta a Feijóo e meten a Ciudadanos no Parlamento

As sondaxes de Infortécnica e NC Report dan unha ampla maioría conservadora e manteñen o PSdeG como segunda forza, a diferenza da enquisa de Sondaxe, que sitúa os socialistas terceiros e a suma das forzas da esquerda con posibilidades de gobernar.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 29/08/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Dúas novas sondaxes electorais realizadas por Infortécnica e NC Report ofrecen resultados moi distintos dos presentados por Sondaxe, cuxa enquisa sitúa o PP con 37 escanos —dos 75 da Cámara galega— e coloca as forzas de esquerda co resto de parlamentarios, o que abriría as portas a un goberno progresista con En Marea con 18 representantes, PSdeG con 15 e BNG con 5. Pero o escenario que debuxan as sondaxes de Infortécnica e NC Report é radicalmente distinto. Ambas as dúas coinciden en darlle a maioría absoluta ao PP, con 38-41 escanos, e introducen a Ciudadanos no Parlamento galego, que podería obter até dous parlamentarios. Ademais, coinciden tamén en manter o PSdeG como segunda forza política no país, a diferenza de Sondaxe, cuxos resultados relegan os socialistas ao terceiro posto polo ascenso de En Marea.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de NC Report comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de NC Report comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

Na sondaxe de NC Report, para o xornal La Razón, a estimación de voto para o PP é do 44,6%, co que acadaría 39 escanos e maioría absoluta, aínda que serían dous menos que os conseguidos nas eleccións de 2012. Ademais, a dereita veríase reforzada en Galicia coa estrea de Ciudadanos na Cámara galega, co 5,2% dos votos e dous representantes, un pola provincia de Pontevedra e outro pola da Coruña.

No lado da esquerda, o PSdeG manteríase como segunda forza —evitando o sorpasso— cunha estimación de voto do 19,1% e 17 parlamentarios (só un menos que nas eleccións pasadas); mentres que En Marea neste caso sería a terceira forza, co 18,8% e 15 escanos. Nesta sondaxe, o BNG desplómase, conseguindo só dous representantes, cunha estimación de voto de tan só o 5,3%, quedando á par que Ciudadanos.

Na enquisa de Infortécnica, para La Región, os resultados para os grandes partidos son moi semellantes que os dados por NC Report. Así, o PP acadaría 38-41 escanos e o PSdeG, 17-19. En Marea tamén sería aquí a terceira forza, pero con menos representantes que na sondaxe de NC Report, acadando só 11-12, e o BNG, sen embargo, resistiría e acadaría 5-6 escanos, polo que é doado deducir que entre ambas as dúas enquisas a diferenza radica nun posible transvase de electores entre En Marea e o Bloque. Finalmente, nesta sondaxe tamén aparece Ciudadanos con 0-2 escanos.

Así as cousas, temos a enquisa de Sondaxe, na que a dereita quedaría só representada por un PP gañador das eleccións, pero con 37 escanos, e a esquerda sumaría 38, poidendo gobernar nun tripartito liderado por En Marea e completado por PSdeG e BNG; e por outro lado, os resultados de Infortécnica e NC Report, que coinciden en darlle maioría absoluta a Feijóo e os seus, e amplo apoio social á dereita coa aparición tamén de Ciudadanos, mentres que a esquerda quedaría en clara desvantaxe, se ben o PSdeG salvaría os mobles, mantendo un resultado semellante ao dos comicios de 2012.

Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Infortécnica comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012
Datos globais e por provincias da enquisa electoral de Infortécnica comparados cos resultados dos comicios autonómicos de 2012 | Fonte: Electograph.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 51 comentarios

20 Galeguista do PP

Se La Voz da 37 é que o PPdeG anda polo 39. Galiza sera a tumba do marxismo. O xuiz comunista que volte facer de xusticieiro ao Contencioso e que nos deixe en paz

1 eusi

Xa comeza a campaña emPPodrece Galicia: os millóns da Xunta do Frijol aos amigotes, veremos como se enchen as redes de campañas difamatorias gobernadas desde cuarteis gobernados por curas neo-fachas, lambecús de barriga-agradecida, m_rdeiros arrimados de ultima hora e toda a PPodremia mais fedorenta que este país ten a desgraza de padecer

19 GBrw

A ver cando leo tantos comentarios de trolls que veñen aquí avogando pola abstención porque os das Mareas son moi malos, os nacinalistas peores os sociatas esterco... Pode, e so pode, que éstos trolls fachas non as teñan todas consigo.

1 Leirachá

Acerto! Pode haber fachas moi próximos: pregunta nas Mareas, que che falen do falangista que participou en varias candidaturas da ultradereita desde Lugo e hoxe vai á carón de Carmen Iglesias. Si, hai fascistas (e non só no Partido Podre, onde criaron os corvos, tamén ocupando cargos no PsoEspañol, ou reciclados en Ciudadanos). E cando limpamos de fascistas as Mareas? Proe? Pois a limpar!

2 GBrw

Para nada. A min non me proe nada. Faime sen embargo gracia que intentedes desmovilizar a xente precisamente aquí. Por eso digo o da vosa preocupación trolls.

3 Caldelas

Non sera para desmobilizar, eche para cazar o raposo, os impostores, os farsantes... OS TEUS. Valo pillando! Xa que non lle deches contestado ao que che preguntou polo falanxista das Mareas, vouche dar outra oportunidade aqui (outro dia falamos de que ben sendo o amo do chiringuito). E dime, vai ir a Pam a aplaudir os mitins de Carmen Iglesias? Na campaña idela esconder no armario? Pensas que ninguen vai sacar nos debates o da "puta coja"? E Villares vaise esconder debaixo da mesa como fixo ate agora cando lle lembre a agresion da sua deputada as mulleres e aos discapacitados? Pediches ti a dimision de Pam? Logo non veñas dar leccions de honradez nin de decencia raposiño!

4 Gbrw

Xuroche por deus Caldelas que non sei do que me falas. Menuda forma enmarañar a tú. Non coñezo ningunha desas persoas nin voto a ese partido. O que si vou facer e votar e non precisamente a PP+Ciutadans esos deixochos a tí. E por favor, baixa un pouco o teu ton.

5 Leirachá

Aquí todo o que non se axeonlle baixo os salvadores das Mareas ou do Bloque de Dereitas somos do PP ou Ciudadanos! Imposible que haxa galegos que non sintamos gratitude polos grandes sacrifícios dos que pactan a diário co PsoEspañol! Triste que non catemos as enormes diferenzas entre Caballero e Feixoó, entre Orozco e Jesus Vázquez, entre Carmela Silva e Ana Pastor, entre Paco Vázquez e Fraga, entre Felipe e Aznar! Que mágoa, preferimos ser ateos despois de ver os pecados dos salvadores!

18 M. Meixide

Estou cos da abstención activa. En Marea está pragado de trepas, nova casta, resucitados do PCE, alcaldes guía que a dedo fan o "proceso", maleducadas como a Pan que están tardando en dimitir, amparada polo Tone e polo semideus da complutense, constitucionalistas que amparan atropelos, desesperados polo escano para vivir do conto igual que Ana Pontón, Jorquera, Cela, da Silva... e un longuisimo exército de mantidos do BNG. O PP e o PsoE a roubar, Ciudadanos para maquillar, e a alternativa a encher a barriga dos amamantados do partido. Se non se presenta o Partido da Terra, pois apoiar CxG, DO, Pacma, Ganemos ou abstención activa: desenmascarar o raposo!

1 eusi

Presentate ti: ARTISTASO! Así haberá alguén polo que votar que reuna os requisitos do candidato mellor candidato de todos os candidatos, limpiño e noviño do trinque, sen mácula nin cheiros... Que desgraza termos que aturar a este fato de espíritos de contradición que non lle gusta nada e sempre teñen que estar á contra de todo

17 Caldelas

Esquecestes o da "puta coja"? Pois eu NUNCA votarei ao partido instrumental que non expulsa a deputada Angela Rodriguez, alias Pam. NON votar a Marea significa esixir a dimision da impresentable que insultou a minusvalidos e mulleres. O xuiz que cala resulta ser complice. Ademais de escollido a dedo, lembrar que o mais votado en Lugo nas primarias vai de 3 na lista e non sae deputado, Villares non pasa de ser un reformista (igual que o nefasto BNG e o traidor e cosmetico Pso€). Abstencion ou voto nulo, tachando o nome dos que consinten noxentas deputadas como a Pam, sen salvar por iso as colegas do falangista (Carmen Santos). Esiximos dignidade, non farsantes.

1 Fluor

Non me digas mais Caldelas, o teu voto está entre o PPodre ou a copia, os apoia corruptos de Ciudadanos.

2 Caldelas

Pobre simplon, xa teño canas e durante decadas cantei nas manifas "Pso€, PP, a mesma merd@ e", vin como o BNG pacta co Pso€, e ate coñecin un alcalde da UPG que gobernou pactando co PP (leo duas veces, para retelo na memoria, e se queres saber mais pregunta polo Gorras na UPG). Hai unha diferenza que ainda non entendestes no BNG nin en Podemos: os do PP votan co nariz tapada, os da esquerda abstemonos. Somos miles os anoxados e queimados, miles os que decidimos que o bipartito fracasou, miles os que fixemos desaparecer o BNG ate o testemuñal, e miles os que non confiamos xa en Podemos. E miles de galegos que non acreditamos na farsa das Mareas! E agora segue coa simpleza no lugar de LIMPAR a graxa das Mareas!

3 Fluor

Vamos que te vas abster enton para brindarlle a victoria a mafia do PP. Si a verdade e que ten a súa lóxica...Sabes non mo creo, xa me coñezo os trolls coma ti. De feito escribes aqui con outro nome, Gamela. Eres tan simple que nin sequera perdes o costume de empregar as maiusculas no teu texto. Ti o que eres è votante dos naranjitos e estas moi agusto con estes fachas no poder. Por eso empregas o de todos iguas... Anda vai predicar a un xeriatrico troll.

4 Caldelas

Erras tapadiño, nada que ver con partidos españolistas (e ainda montados polo Banco Sabadell e Planeta), nada de Gamela (o censor de GC, o defensor das touradas, o machista, o bifido..., non son tal prea, nin son de Vigo, frio, frio, en Caldelas te espero!). Disparar ao aire ten os seus perigos. O do xeriatrico doeume, so che faltou "puto cojo" para saber o especimen que es E A QUEN SERVES. Agora vai facendo campaña coas consignas que che mandan cantar: viva o sistema! viva o reformismo! viva o constitucionalismo e o estatutiño! viva o parlamentiño! viva a alternancia! E eu pregunto: Para que todo siga igual? Non, obrigado!

5 Fluor

Morreu Gamela Viva Caldelas!! O do xeríatrico non é por esas canas que peinas debaixo de tanto tinte. E polo lugar onde lle ides meter a papeleta no sobre, á vellos que nin se lembran do seu propio nome. Escribes tanto para dicir tan pouco. Imaxinaste o surralista dunha conversación no que ti como Caldelas tiveras unha discusión aquí mesmo contigo como Gamela, sería algo impagable.

6 Caldelas

Curtiño, xa cho expliquei, nada que ver co prea do Gamela. Se non sabes buscar vai a gamela00.blogspot.com.es e tira do fio. Seguro que ti estas ben mais proximo aos ideais do Gamela, que vos aproveiten. Do resto non te arrepintas, ES UN FALABARATO CON RAMALAZOS FASCISTAS PASADO A MODERNIDADE. Seras o falanxista das Mareas? Cantos sodes os fascistas agochados nas Mareas?

16 Dam

A lo que creen que el nacionalismo es el demonio les diré una cosa. Yo vivo en Euskadi desde hace 16 años. Soy Galego. Qué preferís en el parlamento un partido que mire por vuestros intereses, sí para los que vivís ahí en el noroeste, que negocie autogobierno, mejoras económicas, competencias propias y proteja la cultura autóctona, o un partido que, como es lógico dice sí a todo lo que le viene desde Madrid? Mirad a Euskadi y Catalunya. Como creeis, aun con todos los errores cometidos, que han conseguido ser las economías más potentes del norte? Lamiendo el culo del gobierno del estado de turno?

1 Aldeano

Eso es así y seguirá siendo así: El que mira por su país, tiene país; el que no... tendrá que emigrar a los sitios donde la gente sí mire por su país. Es la historia de Galicia y, lamentablemente, será así por siempre; despreciarán lo propio unos cuantos atarantados y emigrarán miles a los sitios donde sí aprecien lo propio. El pailanismo de estos "iluminados" es antológico; pero no deja de ser antológico el comportamiento de corderos degollados de quienes tuvieron que ir a Inglaterra, Alemania, Suiza, etc...y todavía no se dan cuenta de quién los echó de Galicia.

2 Montesío

moi ben expresado Dam

3 Aldeano

Hai un día ou dous estaba neste fío unha resposta do señor Buff en tón socarrón e feixista, desprezando a contribución da emigración galega na entrada de divisas ao estado expañol no franquismo, desprezando aos emigrantes que voltaban...e decindo en resumo que en Galiza se podía vivir. Pido, se o borraron, que apareza de novo; porque son cousas que retratan a quen as di e que non merecen resposta por iso mesmo.