Leiceaga refire que as enquisas constatan "un avance" do PSOE en agosto "a pesar de todos os pesares"

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, falou este luns das enquisas que sitúan ao PPdeG ao bordo da maioría absoluta e, por iso, se mostrou convencido de que é posible "construír unha alternativa" de esquerdas que estea "liderada" polo seu partido.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 14:55 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, falou este luns das enquisas que sitúan ao PPdeG ao bordo da maioría absoluta e, por iso, se mostrou convencido de que é posible "construír unha alternativa" de esquerdas que estea "liderada" polo seu partido.

Preguntado polos xornalistas sobre a posibilidade de que o seu partido caia ata a terceira posición na orde de prioridades dos galegos, Leiceaga quedou con que as últimas sondaxes refiren "un avance" nos votos á súa formación durante o mes de agosto "a pesar de todos os pesares", en alusión aos problemas internos que saíron á luz durante este verán.

En paralelo, deu por feito que, ao igual que aconteceu nas últimas eleccións xerais, os indecisos acabarán envorcándose no PSOE. "Vannos dar un resultado por enriba do que indican algúns estudios demoscópicos", augurou.

A liña seguida, en contraposición á mensaxe de "estabilidade" que reivindica o PP fronte ás "leas" da "multioposición", Leiceaga relacionou ese tipo de afirmacións a que aos populares "non lles interesa falar das súas políticas" nin de "proxectos de futuro". "Porque o seu balance é demoledor para os seus intereses", resaltou.

En cambio, como subliñou o economista, o PSdeG tratará de que a axenda de campaña xire sobre "o que pasou na educación, a sanidade, a demografía, o mercado de traballo e a economía". "Hai 170.000 empregos menos dende que chegou Feijóo, hai unha deterioración moi notable da sanidade pública, hai 2.500 traballadores públicos menos na educación...", enumerou.

"UNHA ALTERNATIVA"

Fronte a isto, o PSdeG dará "prioridade máxima" ao emprego, con plans específicos para novos e parados de longa duración, actuará sobre a pobreza infantil e porá en marcha accións para recuperar o nivel que os servizos públicos tiñan en 2008.

Así pois, Leiceaga mostrouse "convencido" de que se os cidadáns deciden o seu voto tendo en conta "as políticas que hai que facer", os socialistas terán "a oportunidade de construír unha alternativa a partir do 25 de setembro".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta