Que pensan os grandes partidos das últimas enquisas?

o PPdeG di que revalida a maioría absoluta, o PSdeG que a perden, En Marea que pode liderar o cambio e o BNG que os datos "non son fotos fixas".

Por Galicia Confidencial | Compostela | 29/08/2016 | Actualizada ás 15:12

Comparte esta noticia

Os datos das distintas enquisas de La Voz, La Región e La Razón que se fixeron públicas esta fin de semana deixaron contentos a todos os grandes partidos. Cada un deles interpreta os resultados ao seu xeito. Así, mentres uns resaltan a perda da maioría absoluta do PPdeG, os populares salientan aqueles inquéritos na que revalidan esta maioría.

Miguel Tellado
Miguel Tellado | Fonte: ppdegalicia.com

Neste sentido, o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, considerou que as enquisas sobre intención de voto mostra que é "posible" revalidar a maioría absoluta. As enquisas "revelan que a maioría á que aspira o PPdeG con Alberto Núñez Feijóo é moi difícil pero, en calquera caso, é posible", sinalou Tellado nun comunicado.

Pola súa banda, o candidato socialista á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, mostrouse convencido de que é posible "construír unha alternativa" de esquerdas que estea "liderada" polo seu partido.

Preguntado polos xornalistas sobre a posibilidade de que o seu partido caia até a terceira posición na orde de prioridades dos galegos, Leiceaga quedo con que as últimas sondaxes refiren "un avance" nos votos á súa formación durante o mes de agosto "a pesar de todos os pesares", en alusión aos problemas internos que saíron á luz durante este verán.

En paralelo, deu por feito que, do mesmo xeito que ocorreu nas últimas eleccións xerais, os indecisos acabarán "envorcándose" no PSOE. "Vannos a dar un resultado por encima do que indican algúns estudos demoscópicos", augurou.

Xoaquín Fernández Leiceaga atende aos medios
Xoaquín Fernández Leiceaga atende aos medios | Fonte: Europa Press.

Opcións de cambio

De moi diferente opinión é En Marea. Así, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, considerou que "pode haber opcións de cambio" en Galicia e que este "pode ser liderado por En Marea" tras as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro.

Noriega destacou que o cambio pode converter o candidato á Presidencia da Xunta de En Marea, Luis Villares, no próximo dirixente autonómico e opinou que, se isto sucede, sería un "digno" presidente.

Ademais, sinalou que, para que se produza o resultado desexado nos comicios, o partido instrumental -- no que se integran Podemos, Anova e Esquerda Unida-- "debe traballar" e facer chegar o seu programa electoral á cidadanía a través da figura do exmaxistrado Villares, cabeza de lista e "referente" da candidatura.

Non obstante, advertiu de que as enquisas deben "tomarse con precaución" xa que durante este ano mostraron que se "equivocan" -- en relación ás sondaxes que vaticinaban un 'sorpasso' de Podemos ao PSOE nas pasadas eleccións do 26 de xuño, adianto que finalmente non se produciu -- . Así, indicou que as enquisas deben "entenderse como parte do proceso electoral".

Finalmente, e ao ser preguntado polas últimas enquisas publicadas sobre os resultados dos comicios, o dirixente do BNG, Rubén Cela, destacou que "non son fotos fixas" e que a campaña "vai ter o seu efecto" no electorado. "Calquera cambio pasa polo BNG, non estamos aquí só para modificar as caras do goberno", subliñou.

Ademais, denunciou que os galegos deben ser "donos dos seus propios impostos", polo que apuntou que "hai que blindar o benestar para superar o marco actual". Por iso, lembrou que as leis hai que cumprilas pero "non poden ser cosés".

Martiño Noriega na Radio Galega
Martiño Noriega na Radio Galega | Fonte: crtvg.es
Rubén Cela
Rubén Cela
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 nostrus

Esperemos que o nacionalismo en calquera das suas variantes teña o menos posible. Eu por si acaso votarei a C´s, e si gañan temos garantido que o que queira sembrar as patacas cunha parella de vacas poda facelo, pero no se obrigará a ninguén coa excusa da proteccion da cultura. Eu poderei falar galego canto queira, pero o que non queira poderá falar o que lle pete. ¿Quen da mais?.

4 Lokus

El Amado Líder hoje na Ser: "Gobernamos en Madrí, Cádiz, Coruña..." Sim, na Corunha governa Podemos-Mahou. Já sabeis: Ayuntamiento/Concello, o til ~ nos cartazes que identifica a nossa pátria,...

1 M. Meixide

O ~ igual que co BNG, o Ayuntamiento/Concello igual que co BNG. Agora hai menos La, La, La que co BNG. Non abonda, pero hai que recoñecelo. En fin, Caballero --que chegou a alcaldía grazas a repertir grasas co BNG, grupo que sostén a Carmela Silva outra galegófoba-- acaba de decretar o castelán en igualdade nos plenos (e xa sabemos o que significa para o galego discriminado). Resumo: a prioridades do BNG e das Mareas de Podemos (con falangistas dentro, con amparadoras de pederastas e bocazas agresivas cos discapacitados como a Pam), a prioridade é alimentar trepas e mantidos.

3 Era raro

E como grande partido de En Marea sae o alcalvo coa pucha que raro. Que pensa dos insultos de Angela Pan á testemuña de Xehová

2 Zascandil

Electoralmente a gran maioría dos galegos e as galegas padecen a síndrome do esbirro, de aí a súa tendencia a votar polo seu verdugo

1 Nexus 6

Este es uno de los mayores problemas del sistema. Que el ganador de unas elecciones con el doble de votos y escaños que el partido que queda segundo, y no digamos ya de la diferencia que le saca al resto de los otros perdedores, puede no gobernar. Eso es tremendamente injusto. El sistema electoral debe premiar al ganador, sobre todo si la diferencia con el resto de los perdedores es tan abismal

1 mastro

eso chámase en todo o munco occidental democrácia representativa ou o que vén sendo o mesmo, si o Parlamento Catalán ten maioría de representante pro independencia non se pode despois dicir que perderon os independentistas. Ao mesmo xeito si o teu PP ten 137 dos 350 representantes do voto no Parlamento Español é, claramente, que non ganaron as eleccións.

2 Turple

Este non é un sistema presidencialista. O pobo está representado no parlamento polos diputados e o parlamento elixe o presidente. Se o número é 350 e ti non tes máis que 137 está claroque non gañaches nada. Ao mellor se Rajoy se presentara a presidente nun sistema presidencialista non quedaba nin de terceiro. Probablemente este sistema enmascara o verdadeiro rexeitamento que produce.

3 Villares Presidente

Logo supoño que che valería unha segunda volta, non si?