Marea de Vigo reclama o goberno local que negocie co R.C. Celta o financiamento da iluminación de Balaídos

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou este luns ao goberno local que inicie negociacións co Real Club Celta para que a entidade participe no financiamento da nova iluminación do estadio de Balaídos, dado que os cambios responden a esixencias da UEFA.

VIGO | 29/08/2016 | Actualizada ás 18:44 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O grupo municipal Marea de Vigo reclamou este luns ao goberno local que inicie negociacións co Real Club Celta para que a entidade participe no financiamento da nova iluminación do estadio de Balaídos, dado que os cambios responden a esixencias da UEFA.

O concelleiro Xosé Lois Jácome, recordou que a sociedade anónima deportiva participa no financiamento da remodelación do estadio de forma "simbólica", e criticou que o sobrecoste polas esixencias de iluminación (que el cifra en dous millóns de euros, aínda que o goberno insiste en que é "cero") sexa asumido polas arcas municipais.

Jácome subliñou que o Celta pechou 2015 con 15 millóns de euros de beneficio, e a previsión para 2016 é que os beneficios sexan 3,5 millóns. A iso súmase o feito de que os dereitos televisivos esta tempada, indicou, reportarán ao club máis de 53 millóns de euros, polo que criticou os investimentos "sen fin" que o Concello fai en beneficio dunha entidade "privada".

"Polo tanto, o grupo municipal Marea de Vigo solicita xa que se deixe de facer puro electoralismo dende o Concello asumindo un sobrecoste de 2 millóns de euros nunha instalación que, para máis delito, é temporal", sinalou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta