O BNG promete "unha política de prezos xustos" para os produtores agrarios e reordenar os usos da terra

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, defendeu este luns a necesidade de que Galicia conta "cunha política de prezos xustos" para os produtores agrarios, así como a importancia de reordenar os usos da terra e de reorientar os cultivos por bisbarras.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 19:31 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, defendeu este luns a necesidade de que Galicia conta "cunha política de prezos xustos" para os produtores agrarios, así como a importancia de reordenar os usos da terra e de reorientar os cultivos por bisbarras.

Diso informou o Bloque a través dun comunicado tras a reunión de Pontón con representantes da Alianza Rural Galega, aos cales trasladou as propostas da súa formación para un desenvolvemento "sostible" do medio rural.

En canto ao lácteo, os nacionalistas avogan por crear un marco galego de negociación dos prezos do leite para que cubra, "como mínimo, os custos de produción", así como por configurar un grupo lácteo propio e grupos industriais de transformación alimentaria. Tamén promoverán circuítos curtos de comercialización e distribución.

Adicionalmente, Pontón trasladou á Alianza Rural Galega que a súa formación "priorizará" unha política de axudas directas encamiñada a "apoiar" dende o público ás persoas que viven e desenvolven unha actividade económica no medio rural.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Shoping Soutelo

A esta campaña de política de prezos xustos podería colocarlle o BNG un nome en inglés como sempre fai a concelleira do BNG de Pontevedra a todos os eventos que ela organiza con cartos públicos. A militante da UPG Anabel Gulias, a tal, seguro que a titularía "Podermos Strawerry Fields Galiza" ou algo así. Ver a listaxe da súa aposta polo inglés na páxina web do Concello de Pontevedra (a "Capital Shoping").