Defensor del Paciente esixe investigar cantos enfermos de hepatite C faleceron malia que "podían salvarse"

Destaca que "non se pode quitar nin un só día de vida" a un paciente "se existe un método ou fármaco que poida evitalo".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 19:56

Comparte esta noticia

A Asociación El Defensor del Paciente demandou o fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Fernando Suanzes, que investigue de oficio cántos enfermos de hepatite C faleceron malia que, segundo destaca o colectivo, "podían salvarse".

Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda
Os membros da Plataforma de Afectados pola Hepatite C cando foron expulsados do Parlamento de Galicia, Quique Costas o primeiro pola esquerda | Fonte: BNG

Así se manifestou esta entidade nun comunicado en relación ás acusacións da oposición no Parlamento de Galicia e do voceiro da Asociación Batas Brancas, Evaristo Varo, no diario 'Faro de Vigo', en relación a que "se deixou morrer a enfermos (de hepatite C) por razóns económicas" no Sergas.

O Defensor do Paciente espera que "se as acusacións son certas" a investigación llelo comunique aos familiares das persoas falecidas en Galicia e noutras comunidades nas que Evaristo Varo teña constancia "de que se produciran este tipo de actuacións".

Tamén demanda que, en caso de confirmarse a denuncia, se publique o nome das persoas que permitisen estes sucesos ao non os denunciar.

Así mesmo, afirma que "non se pode quitar nin un só día de vida" a un paciente "se existe un método ou fármaco que poida evitalo". Así, defende que, dado que todos os cidadáns contribúen para manter a sanidade pública, non pode permitirse que só poidan salvarse" os que "teñan os medios" económicos necesarios para custear o tratamento.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta