A Xunta colaborará co Concello de Curtis (A Coruña) para poñer en funcionamento un centro de día

A Xunta colaborará co Concello de Curtis (A Coruña) para poñer en funcionamento un centro de día nesta localidade, que ofertará 25 prazas e que se incrementarán progresivamente ata 40.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/08/2016 | Actualizada ás 20:13 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta colaborará co Concello de Curtis (A Coruña) para poñer en funcionamento un centro de día nesta localidade, que ofertará 25 prazas e que se incrementarán progresivamente ata 40.

Para iso, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou este luns un acordo co alcalde do municipio coruñés, Javier Francisco Caínzos, polo que o seu departamento destinará 2.500 euros ao ano a subvencionar cada praza ocupada por un veciño de Curtis, segundo detallou a Xunta nun comunicado.

Neste contexto, o conselleiro valorou a "disposición" do rexedor da localidade coruñesa que fixo posible que este convenio "puidese saír adiante" e que permitirá dotar a esta localidade e ás adxacentes dun "recurso asistencial moi necesario" para as persoas maiores.

Así mesmo, destacou a importancia da colaboración entre as administracións para impulsar a atención ás "persoas e familias que máis o necesitan". Así, defendeu que as institucións deben "apostar por unha política social que atenda a xente".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta