SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2016 | Actualizada ás 09:04 por EUROPA PRESS
Os 11 centros de maiores que Abanca ten na comunidade galega reabrirán as súas portas o próximo xoves, 1 de setembro, con programas interxeracionais e de voluntariado.
Diso informou Afundación, a Obra Social de Abanca, nun comunicado no que destacou que os novos programas teñen por obxectivo "potenciar o papel dos maiores na sociedade e crear oportunidades para que as distintas xeracións estean conectadas".
Así, as actividades centraranse no fomento da aprendizaxe ao longo da vida, no benestar físico e o desenvolvemento persoal e na participación activa na sociedade das persoas maiores.
En concreto, Afundación dispón dunha rede propia de 11 centros, distribuídos nas sete principais cidades e nos municipios coruñeses de Betanzos e Pontedeume e os lucenses de Viveiro e Monforte. Contan con máis de 11.000 socios.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.