Os cinco imperativos categóricos de Galicia

Gañe quen gañe estas eleccións existen unha serie de factores que definirán calquera goberno galego, quéirano ou non. E dos que é pouco probable que se fale nestas eleccións.

Por Serafin Pazos | Bruxelas | 30/08/2016

Comparte esta noticia

Primeiro: o contexto importa. Galicia é un país relativamente prospero, a 75 economía mundial e 19 europea, dun tamaño similar ó de Bulgaria, Croacia, Paraguai , Porto Rico e Uruguai (que son máis poboados) por non falar de xigantes coma o Zaire, Etiopía ou Afganistán.  É tamén un dos países coas peores tendencias demográficas a nivel mundial. Un nivel alto de paro estrutural cunha forza laboral pouco cualificada , o que leva a emigración.Isto implica que existe moi pouca poboación estranxeira, polo que e unha sociedade moi homoxénea. Malia isto  existe unha grave creba social que se manifesta nun claro antagonismo sobre o que é Galicia e sobre o seu idioma.

Segundo: non estamos illados. Malia a obsesión polo AVE, o feito é  que a súa chegada non supon mais que mellorar as xa boas comunicacións (autovía, avión) cunha cidade concreta, que resulta ser a capital do estado que exerce a soberanía sobre o noso territorio.  Pola contra, moitos galegos ignoran que a metade do comercio mundial pasa a escasos quilómetros das nosas costas. Non todo é peixe no Mar de Fóra.

Terceiro: non debe haber un poder hexemónico na península. Claramente non  é no interese galego que se reforce o centralismo cara Madrid sexa por baleiramento competencial ou simplemente zugando os recursos, poboación e empresas. É no interese galego promover alianzas con outros territorios do estado (e non só coas nacionalidades) así coma con Portugal. Nunha Europa sen fronteiras aféctanlles as mesmas tendencias ca nós. Porén é no interese galego e portugués ter unha relación mais adulta cos prexuizos recíprocos ainda existentes. Por outra banda a pouca complementariedade das nosas economías difculta a creación da frontal atlántica de 13 millons de persoas. Nembargantes coma parte pouco relevante do taboleiro hispano interésanos unha España estable, capaz de aceptar a diversidade e por suposto democrática.

Cuarto: interésanos unha Europa unida pero con institucións europeas relativamente febles. Está claro que a existencia de estructuras continentais (UE, Consello de Europa, OTAN) é o mellor atidoto para non volver á leas do pasado ou facer fronte a ameazas coma Rusia ou o presente arco da inestabilidade arabo-musulmán. Por outra banda coma pais pequeno que somos non nos interesa que Bruxelas se convirta nun novo Madrid. O igual que Irlanda coa OTAN, e Noruega coa UE, o feito  de sermos nos membros ou non deses clubes é relativamente irrelevante. Dado o noso tamaño tócanos bailar co que marquen outros mais beneficiamonos dos réditos da sua existencia.

Quinto: Interesanos unha arquitectura global; o noso país, fronteira da Europa atlantica esta a sufrir unha rapida mediterraneización non só pola nosa pobre politica ambiental senón polo cambio climático. Nós pouco podemos facer niso polo que claramente interésanos que os paises mais poderosos da ONU desenrolen na práctica o acordo do clima de París. Do mesmo xeito interesanos que se asegure que as vias marítimas, de telecomunicacions permanezan abertas sen que as domine un só actor. A falta disto, interésanos que as potencias emerxentes sobre todo China se democraticen antes de que acaden unha posicion dominante.

Gústelles ou non só diferentes partidos coalicións e mareas o interese galego e as políticas para defendelo vese determnado por eses cinco factores permanentes. Malia a nosa irrelevancia no taboleiro hispánico, Europeo e global iso non impide que teñamos intereses propios e medios para defendelos. Xa lle gustaria a Etiopia ou Afganistan ter or recursos economicos, sociais e culturais dos que dispón Galicia.

O problema nembargantes  é que a aparente imposibilidade de definir un minimo consenso sobre cal é o interese galego esta no primeiro deses factores. A nosa división interna sobre o que é Galicia impídenos formular cualesquera poltica que defenda eficazmente o nosos intereses. Porque habelos hainos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA