O sindicato de enfermaría recrimina a Feijóo que “ningunee” a petición de reactivar a carreira profesional

Satse critica ao presidente da Xunta por concluír o seu mandato "sen dar resposta" ás peticións aos enfermeiros e fisioterapeutas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2016 | Actualizada ás 12:47

Comparte esta noticia

O sindicato de enfermaría Satse recriminou este martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que vaia concluír o seu mandato "sen dar resposta" ás peticións de reactivación da carreira profesional de enfermeiros e fisioterapeutas. De feito, expresou a súa "incredulidade" ante o "despotismo" mostrado tanto por Feijóo coma polo seu conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ao "ningunear de forma reiterada" as súas reclamacións.

Faixa protestando pola falta de enfermeiras en xinecoloxía no hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro
Faixa protestando pola falta de enfermeiras en xinecoloxía no hospital do SERGAS Álvaro Cunqueiro | Fonte: Remitida.

O sindicato lamenta que "a única resposta directa" da Xunta foi "un non toca" por parte do responsable de Sanidade. "A pesar do bo talante co que tomou posesión do cargo Almuiña, vemos que non era máis que boas palabras e palmadiñas no ombreiro que non levan consigo accións concretas", censurou así a actuación do conselleiro.

Neste escenario, Satse advertiu de que en setembro, o mes no que se celebrarán as eleccións galegas, retomará as iniciativas que estivo a realizar os últimos meses. Así, seguirá informando a todos os profesionais afectados "de como a Xunta e o Sergas rexeitan a reactivación da carreira profesional" malia que os seus homólogos noutras comunidades, como Asturias e Baleares, si o fixeron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta