As terceiras eleccións xerais non mudarían nada no Congreso e En Marea estancaríase nos 5 deputados

Unha enquisa de Celeste-Tel outorga practicamente os mesmos escanos a todas as forzas políticas con representación nas Cortes.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 30/08/2016 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

España semella atrapada nun bucle. A convocatoria de terceiras eleccións serían unha perda de tempo e un novo custe de millóns de euros, ademais de manter paralizado o Estado por máis tempo. Malia que as principais forzas políticas están xogando cadansúa estratexia, co ollo posto nunha nova convocatoria e o outro no debate de investidura de Mariano Rajoy, o certo é que desta vez as mudanzas serían aínda menos significativas que nos últimos comicios respecto aos de decembro. A paisaxe do Congreso non mudaría nada, con practicamente o mesmo número de deputados para as mesmas forzas políticas que conseguiron representación o pasado 26 de xuño. Así, nada se movería e España seguiría atrapada na inmobilidade. Así o reflicte unha nova enquisa feita por Celeste-Tel, que outorga a todos os partidos o mesmo número de escanos que xa teñen, incluída En Marea, que se mantería cos cinco actuais, incapaz de recuperar os sexto escano acadado nos comicios de decembro de 2015.

Resultados da enquisa de Celeste-Tel comparados cos das últimas eleccións xerais
Resultados da enquisa de Celeste-Tel comparados cos das últimas eleccións xerais | Fonte: Electograph.

Segundo a sondaxe, elaborada para eldiario.es, o PP volvería gañar as eleccións. Porén, contra os augurios dos que falan dunha maioría absoluta dos conservadores no caso de repetirse por teceira vez as eleccións, os populares practicamente repetirían o último resultado, acadando 139-141 deputados, fronte aos 137 actuais.

Do lado da dereita, a Ciudadanos non lle pasaría factura o pacto co PP, xa que tamén repetiría practicamente o mesmo resultado, con 30-31 deputados (actualemnte ten 32).

O "non é non" do PSOE a un goberno do PP tampouco lle pasaría factura aos socialistas, pero tampouco lles beneficiaría. Os de Pedro Sánchez volverían repetir resultado, con 83-86 escanos (actualmente teñen 84). 

Tampouco funcionaría a estratexia de Podemos e Izquierda Unida —coaligados en Unidos Podemos—, que seguirían moi lonxe do ansiado sorpasso. Os podemitas, xunto cos de Alberto Garzón, non serían quen de avanzar e lograrían 43-45 escanos (nos últimos comicios obtiveron 45 deputados).

Do lado do grupo de Unidos Podemos, que conseguiu fagocitar a En Marea e En Comú Podem, máis do mesmo: a coalición galega volvería repetir os cinco escanos que xa ten (un menos que nos comicios de 2015) e os cataláns acadarían 11-12 (agora teñen 12). O resultado desta enquisa para En Marea podería ser un indicio do que suceda o próximo 25 de setembro nas eleccións galegas. Se ben a enquisa de Sondaxe lles outorga unha suba que os levaría a ser a segunda forza en Galicia, outras enquisas sitúan ás mareas por debaixo dos socialistas en Galicia, incapaces de crecer e de facer realidade o sorpasso.

O resto de formacións que completan o Congreso dos Deputados repetirían os mesmos resultados e España seguriía sumida no bucle no que semella atrapada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 19 comentarios

9 Gustavo

Aquí todos a dar por boa unha enquisa dunha pseudo-empresa (Celeste-Tel, que o mesmo lle fai unha enquisa a eldiario.es cuns resultados, que outra -baixo outro nome empresarial- á Razón con outros resultados. É unha empresa donde só traballo un señor e a sua muller, e que teñen o domicilio...no seu domicilio. En fin. Cómo nos deixamos manipular por calquera enquisa que saia por aí, e opinamos en función do que diga coma se foran os resultados. Ademáis, xa se viu qué acerto tiveron no 25-X todas. Pero nada, seguirlle dando.... O de Celeste-tel, informarvos por internet.

8 Balbino

Grazas Podemos e Mareados por vir a cambialo todo pero todo segue igual, Rajoy e Feijoo seguirán fodendonos grazas a vos.

7 nostrus

Si, pero mentras tanto a inversion en obra publica en España descendeo o 20%. O PSOE deberialle asixir contraprestacions a Rajoy, pero deberiase abster. agás que Rajoy non queira ceder nada.

6 podemos jo.der.la y la jo...

Segue a tendencia. O pp sacaría mellor resultado que lle dan as enquisas e Podemos peor. O psoe por aí andaría... Tivestes unha oportunidade de botar o peor presidente da democracia e agora fastidiarnos todos.

5 Caldelas

A onde van os das Mareas con Angela Rodriguez, alias Pam, dentro? Vai a flamante deputada ir aplaudir os mitins de Carmen Santos despois de humillala como muller e discapacitada? Vai subir ao escenario da man de Villares? Vai repetir de segunda por Pontevedra nas eleccions de decembro? Alexandra cala, logo outorga? Pablo Iglesias traga coas barbaridades da colega de Errejon? Queredes que unha parte dos votantes da esquerda pasemos da Marea? Se ao Partido Podre sodes os dirixentes das Mareas os primeiros que lle estades dando argumentos!!! Hai moito mareado podemita que actua igual que a casta!!! Ou facedes limpeza ou abstencion!!! Pam go home!!!

1 Gamela

Eu súmome á petición: PAM GO HOME !!!