Pedro Sánchez arroupará a Leiceaga na X Festa do PSdeG

A visita do líder socialista prodúcese logo das tensións internas xuridadas no socialismo galego polo cambio das listas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2016 | Actualizada ás 15:05

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, acudirá o sábado á localidade coruñesa de Oroso para participar na décima edición da Festa dos Socialistas de Galicia.

Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección
Pedro Sánchez, secretario xeral do PSOE, nun acto previo a súa elección

Estará a acompañar ao candidato do PSdeG á Presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, segundo avanzaron a Europa Press fontes do partido.

O acto, que se celebrará cinco días antes do arranque da campaña, terá lugar a partir das 13,00 horas na área recreativa da Penateixa, en Sigüeiro.

Esta visita ten lugar despois das tensións xurdidas dentro dos socialistas galegos despois do cambio de listas aprobado pola dirección Federal a proposta da dirección galega. Por iso, a visita de Sánchez servirá para amosar o apoio de Ferraz a Leiceaga e ao seu equipo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para festas estamos nós! Vigo ten festa día sí e día tamén... a Festa de Abel! http://www.noticiasvigo.es/alcalde-...