Polémica en Lugo pola adxudicación de 3 das 4 casetas do polbo de San Froilán a un grupo de Madrid

A consultora madrileña Bruxa Consulting gañou a adxudicación de tres das catro casetas de polbo e de tres dos catro caldeiros que sacou a concurso o Concello de Lugo con motivo das festas de San Froilán de 2016, unha cuestión que está a causar polémica na cidade das murallas.

LUGO | 30/08/2016 | Actualizada ás 16:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A consultora madrileña Bruxa Consulting gañou a adxudicación de tres das catro casetas de polbo e de tres dos catro caldeiros que sacou a concurso o Concello de Lugo con motivo das festas de San Froilán de 2016, unha cuestión que está a causar polémica na cidade das murallas.

Deste modo, a pulpeira Aurora do Carballiño, o grupo La Palloza e Manolo de Marce, inquilinos de décadas nestas casetas, quedan sen a súa parcela para este ano.

"Eu valorei o que se podía pagar por ese posto e o subín, pero veu alguén que deu máis e quedei sen o posto, se prevalece o diñeiro e non se miran outras cousas como a antigüidade, é normal," criticou Aurora do Carballiño.

Malia admitir a súa "total sorpresa" durante a apertura de sobres, na que estivo presente este luns no Concello de Lugo, recalcou que "se o que prevalece é o diñeiro é normal que recaera nesa empresa".

O Concello de Lugo abriu os sobres das propostas e adxudicou tres das catro casetas á consultora madrileña Bruxa Consulting, por 28.030,94, 25.027,30 e 28.030,94 euros para cada unha delas. A cuarta foi outorgada a Torre de Núñez por 16.650 euros.

Os prezos de saída para as catro casetas oscilaban entre os 16.627,33 e os 18.772,79 euros, polo que a oferta de Bruxa Consulting incrementou nalgún caso en máis de 10.000 euros a cantidade mínima esixida polo Concello.

Con respecto aos caldeiros, Burxa Consulting gañou o concurso de tres deles, por 15.043,98, 18.193,17 e 15.040,20 euros, respectivamente. O restante foi concedido a Francisco Javier Irimia por 18.193,93 euros. Os prezos de saída oscilarán entre os 10.375,46 e os 11.714,22 euros.

O Concello informou o luns nun comunicado de que a valoración das ofertas respondeu ao criterio da oferta económica. Deste modo, a máxima puntuación foi a obtida por quen ofreceu o prezo máis alto por cada caseta ou caldeiro.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta