En Marea ve o discurso de investidura sitúa a Rajoy "fóra da realidade" e acúsao de vender "fume"

A voceiro de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, considerou que o discurso de investidura de Mariano Rajoy sitúa o líder do PP "fóra da realidade" e "vendendo fume".

Por E.P. | | 30/08/2016 | Actualizada ás 19:18

Comparte esta noticia

A voceiro de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, considerou que o discurso de investidura de Mariano Rajoy sitúa o líder do PP "fóra da realidade" e "vendendo fume".

Fernández opinou que Rajoy se presenta no Congreso "cunha especie de chantaxe" ao estilo de "ou eu ou o caos", coma se fose a única posibilidade: "En Moncloa e en Génova deben de ser os únicos sitios onde aínda creen que o PP gañou as eleccións, pero están en minoría", sinalou.

Ao seu xuízo, Rajoy está acostumado a unhas formas "que pasan polo rolo e a prepotencia", pero "vive fóra da realidade", por máis que trate de "vender fume e 'parole, parole'".

En todo caso, En Marea segue apostando por buscar unha alternativa: "Vemos a Rajoy incapaz de saír elixido e darémoslle o 'non', pero imos seguir tendendo a man e seguiremos abrindo vías para que sexa posible outra maioría", sinalou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

1 Aquitectura na privada

Este cuatrimestre, que non tivo que a entretivera, fixo por sacar algunha asignatura ou uns poucos créditos?

1 ivanchuk

Aprendeu a rezar... Para que non haxa novas eleccións e manducar 4 anos un soldo que nin farta de fariña soñaría.