O Sergas alega que a prescrición de transporte "é criterio do facultativo", en relación ao caso de As Nogais (Lugo)

O Sergas indicou que a prescrición de transporte sanitario non urxente depende do "criterio do facultativo", en resposta á denuncia dunha veciña de As Nogais (Lugo) que reclama un servizo de ambulancia para os seus desprazamentos a Ferrol, onde recibe terapia, e que lle foi denegado por "non estar encamada nin en cadeira de rodas" malia que a súa familia asegura que "non pode estar sentada máis de cinco minutos".

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/08/2016 | Actualizada ás 21:35 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Sergas indicou que a prescrición de transporte sanitario non urxente depende do "criterio do facultativo", en resposta á denuncia dunha veciña de As Nogais (Lugo) que reclama un servizo de ambulancia para os seus desprazamentos a Ferrol, onde recibe terapia, e que lle foi denegado por "non estar encamada nin en cadeira de rodas" malia que a súa familia asegura que "non pode estar sentada máis de cinco minutos".

Segundo indicaron fontes do Sergas a Europa Press, estas prescricións realízanse "sempre atendendo a criterios clínicos e reavalíanse todas as veces que son precisas en función da evolución do paciente".

Este martes, Teresa Rodríguez, filla dunha muller de 75 anos que padece a enfermidade de paget extramamario, denunciou que a sanidade pública galega denegoulle o transporte sanitario non urxente á súa nai por non estar encamada nin en cadeira de rodas, malia que non pode estar sentada máis de cinco minutos.

"Como norma xeral, a necesidade de que un paciente deba de trasladarse en transporte sanitario non urxente ou poida desprazarse noutros medios, é un criterio do facultativo, que é quen pode prescribir este transporte,", indicaron dende o Sergas.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 eusi

As miserias dos PPodres, mentres gastan en campañas millóns de euros do erario público coa desfachatez que caracteriza ao ladroízo que nos desgoberna.