Os 11 centros de maiores de Abanca reabrirán este xoves con programas interxeracionais e de voluntariado

Os 11 centros de maiores que Abanca ten na comunidade galega reabrirán as súas portas o próximo xoves, 1 de setembro, con programas interxeracionais e de voluntariado.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/08/2016 | Actualizada ás 09:04 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Os 11 centros de maiores que Abanca ten na comunidade galega reabrirán as súas portas o próximo xoves, 1 de setembro, con programas interxeracionais e de voluntariado.

Diso informou Afundación, a Obra Social de Abanca, nun comunicado no que destacou que os novos programas teñen por obxectivo "potenciar o papel dos maiores na sociedade e crear oportunidades para que as distintas xeracións estean conectadas".

Así, as actividades centraranse no fomento da aprendizaxe ao longo da vida, no benestar físico e o desenvolvemento persoal e na participación activa na sociedade das persoas maiores.

En concreto, Afundación dispón dunha rede propia de 11 centros, distribuídos nas sete principais cidades e nos municipios coruñeses de Betanzos e Pontedeume e os lucenses de Viveiro e Monforte. Contan con máis de 11.000 socios.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta