En Marea alerta de novos recortes da "vella e a nova dereita" e do seu "hooliganismo patriótico"

A voceira de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, definiu o documento asinado entre o PP e Cidadáns como "un pacto entre a vella dereita e a nova", que ten como obxectivo "coller de novo o leme da nave para pisar o acelerador dos recortes e as privatizacións" e do que hai que temer o seu "hoolinganismo patriótico".

MADRID | 31/08/2016 | Actualizada ás 12:40 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A voceira de En Marea no Congreso, Alexandra Fernández, definiu o documento asinado entre o PP e Cidadáns como "un pacto entre a vella dereita e a nova", que ten como obxectivo "coller de novo o leme da nave para pisar o acelerador dos recortes e as privatizacións" e do que hai que temer o seu "hoolinganismo patriótico".

Durante a súa intervención no debate de investidura no Congreso, a deputada galega referiuse en varias ocasións á dereita española diferenciando entre os 'populares', que describe como "a tradición dos que naceron para mandar o casal a golpe de sobres", e entre o partido liderado por Albert Rivera, como "a última reencarnación posmoderna dos Chicago Boys".

Non obstante, xeneralizou sobre "a dereita de hoxe" para definila con dous adxectivos: "sobreactuación e discurso do medo". Ademais, coincidiu co líder de Podemos, Pablo Iglesias, en que o discurso de investidura do presidente do PP, Mariano Rajoy, se resume na frase "ou nós ou o caos".

"Señores do Partido Popular, deixen a traxicomedia. O Estado español leva un ano sen goberno e todo continúa igual que cando vostedes gobernaban", declarou, advertindo de que, sen Executivo, o programa neoliberal do PP "continúa facendo o seu traballo" sen descanso". "O piloto automático xoga para os de casa", sinalou.

Ademais, recordou que se existe algo que "obriga a alixeirar o ritmo" á hora de crear novo Goberno é que "Bruxelas xa ten preparado un novo calendario de recortes para os próximos dous anos", declarou.

Para a voceiro de En Marea, o "único medo" que infunde o líder 'popular' é o "seu hooliganismo patriótico" que, ao seu xuízo, "lle impide recoñecer a realidade plurinacional do Estado". Neste sentido, sinalou que para o PP "toda diversidade é unha ameaza" e "todo exercicio de libre decisión un atentado contra a súa autoridade". "Vostede mesmo, señor Rajoy, encarna o desprezo polo autogoberno, polo idioma e a cultura da terra na que naceu,", dixo Fernández.

FEIJÓO, ALUMNO DOS DOGMAS DE RAJOY

Por outra banda, referiuse á situación de Galicia, onde, segundo explicou, Feijoó foi "un alumno avantaxado no cumprimento dos dogmas" de Rajoy, converténdose no "campión dos recortes".

"Sabémolo ben en Vigo, onde a sensibilidade co programa de acoso e derrubamento da sanidade pública está a flor de pel; sábeno tamén os traballadores e as traballadoras do dispositivo anti incendios, cada vez con peores condicións laborais e técnicas para facer fronte ao lume que provoca unha nula política de planificación e ordenación forestal, e por un modelo de explotación ao servizo de ENCE", denunciou a voceiro de En Marea.

Del mesmo modo, mencionou ao sector lácteo que "segue vendo como o produto do seu traballo se vende por debaixo dos custos de produción" e ás persoas desempregadas, precarias, "autónomas asfixiadas" e hipotecadas que, ao seu juocio, "non ven a luz ao final do túnel", así como as pensionistas que "reciben as pensións máis baixas do Estado".

"Señor Rajoy, hoxe sumará a derrota en diferido do 20D que é ao mesmo tempo a derrota do PP en Galicia. Hoxe, ante este pacto suicida nós votaremos NON. Imos votar non para impedir que continúen mercantilizando nosas vidas e hipotecando o noso futuro", concluíu.

RAJOY ESPERA NON VER A SAÍDA DE FEIJÓO

Na súa quenda de réplica, Rajoy destacou que a "saída inminente" de Nuñez Feijóo que augura En Marea "ata agora non se produciu nunca, dende que hai eleccións" e, aínda que apuntou que "é evidente que algunha vez será" indicou que "espera" non o ver.

Del mesmo modo, destacou que Galicia creceu un 3,2% e que foi unha das tres autonomías que cumpriu o obxectivo do déficit en 2015, así como que rexistrou marca histórica en sectores como o naval, a automoción e a aeronáutica. Aínda así, recoñeceu que hai partes "pendentes" como a chegada da alta velocidade ou en sectores como gandaría, agricultura e pesca. "Pero avanzamos na boa dirección", declarou o candidato á investidura.

Finalmente, recriminou a Fernández que fale do "amor ou desprezo que alguén sente pola súa terra" porque, ao seu xuízo, "non conduce a nada" xa que "cada un sente e quere á súa terra como a sente e a quere e é bo respectalo".

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta