Temas: REPúBLICA

Galicia conserva os cerebros e un corazón de republicanos asasinados

Están nunha cámara frigorífica do Hospital de Verín.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 31/08/2016 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Unha cámara frigorífica do Hospital de Verín garda 45 cerebros e un dos corazóns de republicanos asasinados en Burgos ao inicio da Guerra Civil. Ata alí os levou Fernando Serrulla Rech, do Instituto de Medicina Legal de Galicia e natural de Monterrei, logo das exhumacións que se fixeron nunha das fosas comúns máis grandes coñecidas no Estado, a de Pedraja.

Corazón dun republicano asasinado en Burgos e que se conserva en Verín
Corazón dun republicano asasinado en Burgos e que se conserva en Verín

Serrulla traballa con Francisco Etxeberria, o forense que dirixiu a exhumación da fosa da Pedraja na que apareceron os cerebros conservados dentro dos cranios dos asasinados e un corazón que deixou de latexar en 1936. Máis en Historia de Galicia.

Temas: REPúBLICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Ignoro cal pode ser a "gracia" destes cerebros do 1936 ... máis penso que temos casos máis recentes e que aínda reclaman o seu recoñecemento DEMOCRÁTICO como víctimas gratuítas dun tempo recente (1975) e a estes nin siquera se lles dedica unha liña nos xornais nin nos actos públicos de recuperación da memoria histórica (exemplo en Vigo Abel gabou aos ALCALDES republicanos -que está moi ben- pero ao seu carón estaba a sepultura de BAENA e ninguén se lembrou del... (?) Sentidiño, pouco, pero a ver se temos un chisco máis de CORDURA !!! http://gamela00.blogspot.com.es/201... É moi triste ver que tamén hai clases despois de MORTO !!!