Denuncian os efectos negativos que provoca o atraso da creación de Enxeñaría Aeroespacial

A Plataforma pro Campus critica que sexan profesores de Vigo e non de Ourense os que teñan que decidir sobre esta materia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/09/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Plataforma pro Campus denuncia que o atraso da creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, pode ter efectos negativos e afectar ao desenvolvemento da docencia. Un atraso que se produce transcurrido máis dun ano da tramitación dende a Universidade de Vigo á Xunta de Galicia do expediente de creación de dito centro.

Presentación do grao de Enxeñaría Aeroespacial
Presentación do grao de Enxeñaría Aeroespacial | Fonte: DUVI.

“Entendemos que o retraso acumulado que está a sufrir a creación de centro de impartición do Grao en Enxeñaría Aeroespacial pode ter efectos negativos de cara ao futuro próximo: tendo en conta, en primeiro lugar, que non se ten precisado data algunha (nin se cabe aproximada) da próxima reunión do Consello Galego de Universidades e, en segundo, que no ámbito universitario a planificación do curso académico faise, con bastante antelación”, apunta esta entidade nun comunicado.

Así, denuncia que os profesores do campus de Ourense que teñen acumulada toda a súa docencia na titulación non poden participar na aprobación de horarios de clases e outros aspectos específicos que lles atinguen a eles e aos alumnos. “Mentres que, ao mesmo tempo, profesores con destino noutros campus, con docencia noutros centros e sen docencia en Aeroespacial veñen desde Vigo (cobrando dietas de locomoción, entendemos) para decidir sobre ditos aspectos”, indica.

Así, lembra que, tal e como reflicten os Estatutos da Universidade de Vigo, a comunidade universitaria organízase baixo o principio estamental representativo, e iso se proxecta sobre os seus órganos colexiados (Consello de Goberno, Xuntas de Facultade, Xuntas de Escola, etcétera). “Polo tanto, na xestión actual do Grao en Enxeñaría Aeroespacial estase a ignorar este principio representativo e participativo que impera en toda a lexislación universitaria”, conclúe.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta