Un profesor da UDC consegue unha bolsa de 1,5 millóns da UE para investigación

O profesor do departamento de Computación Carlos Gómez Rodríguez logra unha bolsa 'starting grant' para investigar nos próximos cinco anos na posibilidade de lograr "comunicarse co ordenador coma se fose unha persoa".

Por E.P. | A CORUÑA | 02/09/2016 | Actualizada ás 18:13

Comparte esta noticia

O profesor do departamento de Computación da Universidade da Coruña (UDC), Carlos Gómez Rodríguez, conseguiu unha bolsa 'starting grant' da Unión Europea, por importe de 1,5 millóns, para investigar nos próximos cinco anos na posibilidade de lograr "comunicarse co ordenador coma se fose unha persoa".

Carlos Gómez Rodríguez, profesor do departamento de Computación da Universidade da Coruña
Carlos Gómez Rodríguez, profesor do departamento de Computación da Universidade da Coruña | Fonte: UDC.

Así o explicou Gómez nun acto na sede do reitorado coruñés, que contou coa presenza, entre outros, do reitor da UDC, Julio Abalde. Na presentación, Abalde sinalou que se trata de bolsas "selectivas" e destacou que se concedera unha delas a un proxecto "innovador", indicou.

Pola súa parte, o vicerrector de Política Científica, Investigación e Transferencia, Salvador Naya, explicou que, dende a UDC, existe un programa de apoio para aqueles que optan a este tipo de axudas, aínda que indicou que o "mérito" o ten o investigador.

Mentres, Carlos Gómez precisou que esta iniciativa se enmarca dentro dunha disciplina que busca que os ordenadores "poidan procesar a linguaxe humana, falada ou escrita".

Así, sinalou que un ordenador pode chegar a analizar unha oración, pero apuntou que necesita "millóns de documentos". "Iso non é viable", indicou Gómez Rodríguez, quen engadiu que o proxecto becado busca "axilizar esas técnicas". "Que esa análise se poida facer a grande escala, a escala web", engadiu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

e cando falemos co ordenador... deixaremos de falar coa xente ?