Rivera ofrécelle a Feijóo un pacto se o PPdeG perde a maioría absoluta

O líder de Ciudadanos cre que a súa formación pode ser a "chave" dun "goberno estable" de Feijóo e critica o "batiburrillo" de En Marea.

Por Europa Press / Redacción | A Coruña | 04/09/2016 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

A pasada semana foi Mariano Rajoy, secretario xeral do PP, e esta fin de semana foron Pedro Sánchez, líder do PSOE, e Albert Rivera, o presidente de Ciudadanos. Os líderes dos partidos estatais comezan a poñer a Galicia no punto de mira político ante a delicada situación política que vive o Estado. 

Albert Rivera coa candidata á Presidencia da Xunta de Ciudadanos, Cristina Losada
Albert Rivera coa candidata á Presidencia da Xunta de Ciudadanos, Cristina Losada | Fonte: EP

Se o sábado Sánchez dicía que era o PSdeG o partido con posibilidades de gobernar a Xunta, este domingo Rivera amosouse convencido de que C's será a "chave do goberno" de Feijóo se os populares perden a súa maioría absoluta.

O presidente de Ciudadanos considera que hai dúas opcións o próximo 25 de setembro: que o Partido Popular gañe con maioría absoluta en Galicia, o que suporía un "descontrol" e unha "falta de reformas", ou que a perda. Se esta última posibilidade sucede, sinalou, preséntanse dous camiños: un "batiburrillo" representado, na súa opinión, pola confluencia En Marea ou, polo contrario, a posibilidade de configurar un "goberno estable" para o que a súa formación sexa a "chave".

Rivera lanzou esta mensaxe nun acto celebrado polo seu partido na Coruña, onde arroupou á candidata á Presidencia da Xunta, Cristina Losada, a só cinco días do inicio da campaña electoral en Galicia. E é que asegurou que Ciudadanos posibilitaría "reformas" e controlaría ao Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo desde o Parlamento galego para que "non faga o que lle da gana".

"Creo que sería bo para Galicia", opinou, para logo poñer como exemplo a Comunidade de Madrid, onde o seu partido, defendeu, controla ao Partido Popular de Cristina Cifuentes e "marca a axenda".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

7 viaje@itaca

Se o PP e C's suman maioría absoluta, en realidade o PP non perdeu a maioría absoluta.

6 anonimo

O que molesta a alguns é recoñecer que as rexions mais industrializadas son aquelas nas que goberna o nacionalismo (Catalunya e Euskadi). Por certo, encantoume aquelo de dixo un politico nacionalista catalan "son ustedes personas monolingues imponiéndole a bilingues que sean trilingues".

5 anonimo

¿Estes teñen algun programa que non sexa que non goberne Podemos no estado e o nacionalismo en Galiza?. ¿Que opinan do AVE galego?. O neoliberalismo trae desigualdade e pobreza. O contrato unico e o complemento salarial (que eles defenden) traen precariedade. O complemento salarial fomenta que os empresarios paguen salarios baixos para que o resto do salario o pague o estado. ¿Partido da rexeneracion?. Por iso pactan co PSOE en Andalucia e votaron si a investidura do candidato do PP en Madrid.

4 antonino

pim pam pum

3 Victor P

Albert é un tipo idéntico a aquel humorista que corríanlle Eugenio, este tamén contache o conto e quédase tan serio