E que robot aspirador me compro?

Os robots aspiradores son o último trebello na tecnoloxía doméstica que logrou afianzarse nos fogares. Hai poucos anos eran unha rareza propia das casas máis acomodadas e dos fanáticos da tecnoloxía. Pasoulles o mesmo que aos lavalouzas. Dunha rareza pasaron a ser unha ferramenta común -e para algúns imprescindíbel- en moitísimos fogares dispostos a pagar unha media duns 300/400 euros por aforrar o tempo de pasar a vasoira.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 06/09/2016 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

Como era de agardar, a popularización destes trebellos veu acompañada dunha multiplicación exponencial da oferta e das gamas. Tal diversidade de prestacións de robots aspiradores vese loxicamente reflexada en prezos moi diferentes. A media pode andar nos 300/400 euros, pero hainos dende pouco menos de 100 euros até máis de 800 euros.  Para axudarnos a escoller a máquina que máis nos convén e aforrar tempo, unha boa idea é informarnos nalgún dos portais, como Aspirame, que se adican especificamente a comparar os diferentes modelos de robots aspiradores.

En todo caso, debemos ter en conta factores chave como a batería. Se imos usar o robot a diario ou cada poucos días, debemos desbotar as gamas máis baixas. As baterías seguen a ser o principal problema dos robots baratos. Dunha máquina de prezo estándar podemos agardar que polo menos faga o seu traballo sen problemas durante os dous anos de garantía legal. Cunha máquina barateira podemos atoparnos que aos poucos meses non é capaz de limpar toda a casa sen que quede sen enerxía.

Partes dun robot aspirador
Partes dun robot aspirador | Fonte: Nathan Siemers wikimedia

Outro punto a considerar é a programabilidade. Para sacarlle rendemento, é importante que se poida configurar a máquina para que limpe regularmente e, asemade, sexa capaz de aceptar ordes concretas; por exemplo cando sucede algún ‘cataclismo’ na cociña. Os robots máis avanzados mesmo son capaces de aprender que zonas están habitualmente máis sucias e centrarse na súa limpeza, incluso de evitar certas pezas da casa.

A autonomía non a dá só a batería, tamén a proporciona a capacidade do depósito de lixo. Menos de 0,3 litros non é recomendábel, sobre todo para aquelas casas nas que viven mascotas con pelo.

Tamén cómpre abordar a sempre ambivalente cuestión da marca e o prezo. Unha marca coñecida e cara non ten porque garantirnos un bo produto. Agora ben, o que si nos debe garantir é, polo menos en teoría, unha aceptable oferta de recambios para baterías, depósitos, etc. Polo tanto, se compramos un robot de gama alta -do que agardamos que funcione moitos anos- debemos fuxir das marcas descoñecidas, porque posiblemente acabemos tendo problemas para atopar recambios.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

3 Ana

Es importante que medios especializados y formales nos brinden este tipo de informaciones, ya que, varias amas de casa desconocemos muchas veces que tipo electronicos necesitamos para el hogar. Yo hasta ahora, siempre he basado mis decisiones en esta web y me ha resultado de maravilla, son asombrosos profesionales en el tema y han sabido orientarme en mis compras.

2 Eanes

Me compro? Será "compro", non? Estamos invadidos, a un ritmo imparable, por construcións castelás que deixan o galego nun simple dialecto. O de usar reflexivos en verbos que non levan é unha delas.

1 José

Oiches Eanes, inda non o dis ben alto que non o corrixen

2 Ximena

Se non te queren facer caso Eanes, aquí estou eu tamén para levantala voz.

1 Eanes

Me compro? Será "compro", non? Estamos invadidos, a un ritmo imparable, por construcións castelás que deixan o galego nun simple dialecto. O de usar reflexivos en verbos que non levan é unha delas.