O futuro dos pequenos partidos do BNG

Esta fin de semana terá lugar a asamblea constitutiva de +BNG para tentar constituirse coma un partido. Sen embargo o alumbramento desta nova formación trae parellos varios problemas que esta primeira xuntanza non resolverá e que se terán que falar e resolver con moitos encontros posteirores...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 16/07/2009 | Actualizada ás 17:33

Comparte esta noticia

None

E é que un dos principais enigmas do novo partido é o destino dos vellos colectivos organizados que integran +BNG; é dicir, PNG-PG, Colectivo Socialista, Inzar e EN. Unha problemática que, polo momento, ten difícil solución.

Un grupo importante de independentes de +BNG quere a desaparición formal destes partidos e a inclusión da súa xente como militantes máis no novo partido, aínda que conservando un "estatus especial" como corrente de opinión. Outros abogan por manterse como partido organizado dentro da nova formación e os menos buscan fórmulas alternativas para evitar un divorcio que poderían consistir na constitución dunha fronte, ao estilo do BNG. "Pero falariamos dunha fronte dentro doutra fronte", apunta un dirixente consultado para falar do revirado da fórmula.

Colectivos como Espacio Socialista e Inzar estarían dispostos a falar de novas fórmulas para integrarse no novo partido, pero EN e, especialmente, PNG-PG son reacios a abandonar as súas siglas e integrarse nun novo partido. Os dirixentes da formación herdada do Partido Galeguista de Castelao, e a único que non é de esquerdas dentro do BNG, non quere perder a súa idiosincrasia e a súa historia.

Por iso, e a falta de que se poñan enriba da mesa fórmulas que poidan gustar a todos, o nacemento de +BNG como partido pode ser longo e traerá aparellado conflictos de intereses. Con todo, os principais impulsores desta nova formación son conscientes da necesidade de unificar posturas e de concentrar esforzos para facer fronte, conxuntamente, ao poder que a UPG ten dentro do Bloque.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 24 comentarios

4 Alarico

Se eles som (+ BNG), os demais que somos (– BNG). Cai de caixom que a nova formaçom política nom pode monopolizar para ele as siglas da Frente que é o BNG, terám que procurar outra denominaçom para o novo partido social-democrata que tentam fazer. É que fará EN? que é um partido social-democrata, e os irmandinhos que também o som. Em fim... menos mal que ainda há gente com ulido político no Bloque como som as gentes da UPG

3 alfonso

Carlos marcos?? por deus xarope non é un home para falar del en serio...parece o típico señorito rancio e provinciano das pelis setentañeras...manolo la nuit, los bingueros. O que necesita o bng é renovarse ou vai a pique. Ata logo rapaces!

2 anónimo

bla, bla, bla, bla...

1 xarope

herdarían o nome, pero Castelao era de esquerdas, auto-definido no Sempre en Galiza incluso coma "comunista", aínda que xa se desmarca do comunismo de Stalin(até niso foi un adiantado).

De feito, lembremos que a escisión do PG de Risco, chamouse "Dereita Galeguista", co cal ao PG quedaríanlle máis proporción de esquerdas aínda.

O BNG en si é o máis parecido hoxe ao PG.

O outro PG que anda por aí, de Soto, que deu incluso cabida a La Carlos Marcos, tamén é de centro, dereita... ou retiro, pasatempo, oportunismo... de políticos variopintos