Temas: DESPOBOAMENTO

Unha aldea desaparece en Galicia cada seis días

A finais do pasado ano había case 1.700 aldeas abandonadas e 2.000 a piques de quedar sen habitantes.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/09/2016 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

A Galicia rural despoboase, especialmente, as zonas do interior e de montaña. Segundo os últimos datos publicados polo Instituto Nacional de Estadística (INE)  a finais de 2015 había no país 1.669 aldeas abandonadas e 1.971 que estaban a piques de desaparecer. 

O alcalde de Cortegada na aldea abandonada de A Barca
O alcalde de Cortegada na aldea abandonada de A Barca

Ademais, hai 855 núcleos nos que só reside un veciño e 1.116 nos que viven dúas persoas. Unha situación preocupante e que pode aumentar a despoboación de grandes partes de Galicia.

De feito, o índice é tan alto que 9 de cada 10 aldeas abandonadas o ano pasado no conxunto do Estado son galegas. En España abandonáronse 62 aldeas, 55 en Galicia (88%). Estrapolando os datos e, segundo apunta otempodaaldea.com, no 2015, abandonouse unha aldea en Galicia cada 6 días.

Só nas zonas urbanas e en amplas zonas da franxa atlántica e da cantábrica, na Mariña, se prevé un crecemento vexetativo positivo. No resto, os datos seguen sendo negativos.

Temas: DESPOBOAMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta