Así nos afectan os cambios legais en WhatsApp

José Nogueira é un dos avogados galegos con maior especialización nas tecnoloxías da información. Nesta entrevista co creador do bufete Sistemius, abordamos o polémico cambio de condicións legais de WhatsApp e a fusión dos seus datos con Facebook. Ademais, explícase as novas medidas de protección de datos que deben adoptar os concellos, por moi pequenos que sexan, e as empresas para cumprir, e evitar as multas, do novo marco legal fixado pola UE.

Por Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 08/09/2016 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

O cambio nos termos legais de WhatsApp desatou certa polémica entre unha parte relevante dos seus millóns de usuarios. Un dos principais motivos de polémica é que parece que as dúas aplicacións fusionan datos, cando moitas persoas manteñen círculos diferentes nas dúas ferramentas.  Hai motivos para  preocupación? Poderá, por exemplo, un dos nosos contactos do Facebook ver unha foto que compartimos nun grupo de Whatsupp?

José Nogueira, letrado
José Nogueira, letrado | Fonte: sistemius.com

Hai motivos para a preocupación, sobre todo polo descoñecemento desta nova situación nos usuarios. Así e todo, nese exemplo, en ningún caso unha fotografía compartida polo Whatsapp será publicada no noso perfil de Facebook. O que si fará Facebook é usar as características desa fotografía, para amosarnos publicidade a medida no noso perfil.

Vostede asegura que en principio, WhatsApp seguirá sen publicidade. Con todo, indica que poderiamos recibir mensaxes de compañías as que previamente contratáramos un servizo. Que significa isto? Que os usuarios por exemplo van a empezar a recibir mensaxes de WhatsApp das compañías de móbiles coas que teñan o seu contrato ou coas que o tivesen no pasado?

Si, poderían comezar a recibilos, en principio, só de compañías acutais as que se solicitase un servizo a partir de agora. Por exemplo, mercamos un billete de avisón, e recibiremos a confirmación do estado do voo por Whatsapp. Tamén hai que dicir que temos mecanismos para bloquear este tipo de mensaxes ou notificar á propia Whatsapp os comportamentos abusivos destas compañías.

Nos últimos meses disparouse a predisposición dos usuarios destas ferramentas a cifrar as súas mensaxes, para evitar que poidan ser hackeadas. Que significa a opción de cifrado de extremo a extremo e que grao de garantía real de privacidade proporciona?

Pois esta opción permite que Whataspp non poida ler as mensaxes que enviamos a través da plataforma, o cal é unha garantía para a nosa privacidade. Non ter o cifrado activado permite a Whatasapp dicir algo así coma “O usuario coñece que as súas mensaxes poden non ser lidas, pero prefire voluntariamente non activar esta opción”.

En relación con isto, o 'caso Snowden' demostrou que os EE.UU. fan copia de todo o tráfico de Internet e teléfono que se transmite na Rede e que dispón das ferramentas necesarias para facer busca neses contidos. Tamén probou que os EE.UU. non necesitan ningunha autorización xudicial para fozar nos contidos e nos metadatos das persoas que non sexan cidadáns seus, o que lle permitiu mesmo espiar a xefes de Estado no seus teléfonos, etc. O cifrado extremo a extremo protéxenos destas intromisións?

Exacto, a raíz do caso Snowden, Europa comezou a esixir un maior nivel de protección dos datos dos cidadáns ás compañías norteamericanas que operan aquí. Unha desas esixencias é o cifrado extremo a extremo, para garantir o segredo das comunicacións dos usuarios que usen este tipo de aplicacións, coma Whatsapp.

A vostede, como experto en dereito e privacidade na Internet, que reflexión lle suscita que ante as revelacións de Snowden a reacción maioritaría da cidadanía fose algo así como "total, non me importa que me poidan espiar os gobernos, total non teño nada que ocultar ..."?

Loxicamente suscítame preocupación. As persoas teñen que entender que unha cousa é non ter nada que ocultar fronte á Xustiza ou ante a Facenda. E outra moito distinta é que permitan non ter privacidade ningunha. Se explicásemos que isto sería como se colocásemos micrófonos e cámaras nas vivendas das persoas e o publicásemos, as persoas entenderían mellor a necesidade de protexer a súa privacidade.

Falando de Protección de Datos, o novo marco normativo obriga a case todas as administracións públicas a ter unha nova figura, o Delegado de Protección de Datos con coñecementos xurídicos. Implica isto que, por exemplo, un Concello galego, por moi pequeno que sexa, necesita dispor dos servizos dun letrado especialista nestas cuestións baixo pena de ser sometido a sancións?

Sí, a partir do 25 de maio de 2018, todos os concellos deberán contar cun DPO (Delegado de Protección de Datos) se tratan habitualmente datos persoais. E hoxe en día, todos os concellos o fan. O que si permitirá o novo Reglamento é que varios pequenos concellos conten cun só DPO para todos eles.

O novo reglamento de Protección de Datos da UE é directamente aplicábel en España? Daquela, debido a que xa foi promulgado, as empresas xa non teñen a obligatoriedade de inscribir os seus ficheiros da AEPD?

Este novo reglamento é diretamente aplicábel en España a partir do 25 de maio de 2018. A partir desa data todas as empresas teñen que cumprilo aquí. Polo que mentres isto non aconteza a LOPD segue plenamente vixente, e polo tanto ainda é obrigatorio inscribir os ficheros na AEPD.  Co novo reglamento esta obrigatoriedade se sustituirá pola obrigatoriedade de levar un control interno dos ficheiros.

Moitas veces ao contratar servizos pola Internet, ou comprar produtos en liña, reclámanse multitude de datos que, a priori, son innecesarios. Por exemplo, cando mercamos un servizo intanxíbel, non físico, e nos piden a nosa dirección postal. Neses casos, e dado que moitas veces hai que meter eses datos para sermos capaces de concluír a compra ou a contratación con éxito, é lícito que nos inventemos datos falsos ou nos expoñemos a algún tipo de multa?

En principio, non debería ocorrernos nada. Nembargantes, dependendo do caso, poderíamos incorrer en falsedade documental, se por exemplo, no contrato online ou fatura correspondente constase ese domicilio declarado por nós ao fazer a compra por Internet e perxudicase dalguma maneira a outra persoa.

E vostede, é dos que tapan a webcam dos ordenadores cunha pegatina por se acaso? 

Normalmente non a cubro, xa que acostumo usar ó Skype para falar cos clientes de Sistemius.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Jonay

La privacidad de Facebook y WhatsApp es un poco inestable, ya lo estuvimos hablando el otro día por algunos de estos grupos de WhatsApp: https://gruposdewasap.com/

1 Aurelio

Sempre que o Facebook comprou Wasap, a nosa privacidade e seguridade está en perigo ... Por iso, é importante usar un WhatsApp app alternativa .... http://wasapizate.com/descargar-wasap