O resultado das eleccións pode depender dun par de deputados

A enquisa do CIS, a máis completa das que se fixeron, indica que o PP revalidaría a maioría absoluta con dous ou tres deputados de marxe. Ademais, Ciudadanos podería entrar. Pola esquerda, moi igualado entre a marea e os socialistas mentres o Bloque quedaría sen grupo parlamentario.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2016 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O Partido Popular encabezado por Alberto Núñez Feijóo gañaría as eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro cun 44,9 por cento dos votos, que se traducirían en entre 40 e 41 escanos, o que suporía a terceira maioría absoluta do líder popular e mantería a representación actual (41).

Feijóo no Congreso Autonómico de Ourense
Feijóo no Congreso Autonómico de Ourense | Fonte: Novas Xeracións

Mentres, En Marea -liderada por Luís Villares-, con entre 15 e 17 deputados, e o PSdeG -encabezado por Xoaquín Fernández Leiceaga-, cunha estimación de 15, disputaríanse colocarse como segunda forza máis votada nas eleccións autonómicas do próximo 25 de setembro, ambas as dúas cun empate técnico en estimación de voto (19,9%).

Pola súa parte, o BNG de Ana Pontón, actualmente con sete escanos, lograría dous representantes na Cámara galega e Ciudadanos, a candidata dos cales é Cristina Losada, atópase ás portas de entrar por primeira vez no Parlamento, cunha estimación de entre cero e un deputado.

Así se desprende da enquisa que difundiu este xoves, a unhas horas de que arranque a campaña electoral, o Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

Por provincias o resultado estimado sería o seguinte:

Estimación do CIS na súa enquisa electoral para as autonómicas galegas
Estimación do CIS na súa enquisa electoral para as autonómicas galegas | Fonte: cis.es

Pontevedra

PP. 39,8% do voto. 10 escanos.

En Marea. 22,4% 5/6 escanos.

PSdeG. 20,9% 5 escanos.

BNG. 7,1%. 1 escanos.

Cs. 5,1%. 0 escanos

A Coruña

PP. 45,5% do voto. 13 escanos.

En Marea. 20% do voto. 6 escanos.

PSdeG-PSOE. 19,2% do voto. 5 escanos.

BNG. 5,1% do voto. 1 escano.

Ciudadanos 4,4% do voto. 0 escanos.

Lugo

PP. 51,2% do voto. 9 escanos.

PSdeG. 20,2%. 3 escanos.

En Marea. 15,9%. 2 escanos.

Ciudadanos. 4,3%. 0 escanos.

BNG. 3,5%. 0 escanos.

Ourense

PP. 50,5 % do voto. 8/9 escanos.

PSdeG. 19,5%. 3 escanos.

En Marea. 16,7%. 2/3 escanos.

Ciudadanos. 4,1% do voto. 0 escanos.

BNG. 3% do voto. 0 escanos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 46 comentarios

26 Galego

Se o BNG é quen de sacar 6 escanos (dous pola Coruña, dous por Pontevedra, un por Lugo e un por Ourense) Feijóo non revalidará a maioría absoluta. Eis a chave destas eleccións. Restan dúas semanas de campaña e todo pode mudar aínda, pero está claro que inquéritos como este non axudan a mobilizar o voto nacionalista en Lugo e Ourense. Por outro lado resulta canto menos sorprendente a diferenza porcentual entre o voto directo declarado polos enquisados e o voto estimado polo CIS. No caso do PP un 49% máis, no do PSOE un 67%, no de Ciudadanos un 109%, no do BNG un 23,25% e no de En Marea un 18%. Algún experto sobre a materia que poida explicar isto?

25 nostrus

Unha das ultimas ocurrencias de Villares é que por lei se tera dereito a unha "vida digna". ¿Quen se encargará de mantelo?. A Constitucion xa contempla o "dereito a vida", pero eso creo que non significa que non poderemos morrer, sinon que ninguen terá dereito a atentar contra nos. Agora este señor parece que teremos dereito a unha vida de p*ta madre, pero non di quen o vai pagar, agás que signifique que teremos dereito a vivir ben si o pagamos nos. Cantamañanas e venderores de fume e crecepelo abundan nestes dias.

24 nostrus

E o sr Villares, despois do hostion,¿voltara a ser xuiz?. Asi poderemolo criticar, igual que se critican aos xuices do PP, e diremoslle que él aplicando xusticia e velando polo cumplimento da Constitucion sera como o loba gardando ovellas.

23 nostrus

Dende logo non son os resultados que a min me gustan. O bo seria que precisara de C´s para ter maioria absoluta e asi esixir que os rapaces estuden na lingua de Galicia que prefieran, que a tvg pase a reflexar a realidade de Galicia, que o coñecemento do galego sexa un mérito, pero non un motivo de exclusion e os toponimos de Galicia sexan oficiais nas duas linguas oficiais de Galicia. En fin, que Galicia se amose tal como é, asi de sinxelo. Si aos naciotas non lles gusta, que se f*dan, non van ser eles quen mande sobre as nosas vidas.

1 Balbino 68

Ivítote un mes a Girona para que cures o teu pailanismo. Por certo, non se di "reflexar" senón reflectir analfabeto.

22 Arguiñano

Enquisa do CIS previa ás eleccións galegas de 2009: http://www.lavozdegalicia.es/galici...