Temas: INCENDIOS

7.000 hectáreas queimadas en tres días e o lume de Entrimo sen control

A onda de lumes que sufre Ourense esta semana é maior ca que sufriu o litoral a comezos de Agosto. En Entrimo o lume segue preto das casas tras tres días ardendo.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/09/2016 | Actualizada ás 10:11

Comparte esta noticia

Os lumes forestais rexistrados nos municipios ourensanos de Chandrexa de Queixa, Monterrei, Oímbra e Lobeira permanecen na mañá deste venres controlados, mentres que o rexistrado no Carballiño foi extinguido.

Atalaia do século XVI queimada no incendio forestal de Monterrei
Atalaia do século XVI queimada no incendio forestal de Monterrei | Fonte: El Hugo Twitter

Así o informou a Consellería do Medio Rural, que puntualizou que ás 21,13 horas do xoves quedou controlado o incendio en Chandrexa de Queixa e ás 3,45 horas deste venres o declarado na parroquia da Fraga en Lobeira.

Ademais, Medio Rural indicou que están controlados os lumes na parroquia de Vences en Monterrei e o incendio que queimou unhas 2.035 hectáreas --de elas 50 de arborado e o resto de monte raso-- no municipio de Oímbra.

Pola súa banda, quedou extinguido o lume declarado na parroquia de Lobás no Carballiño tras queimar unhas 40,8 hectáreas, segundo as estimacións de Medio Rural.

A vaga de incendios forestais que sofre Galicia dende este luns é máis voraz que a da segunda semana de agosto, ao calcinarse máis de 7.000 hectáreas en tres días e medio, fronte a as en torno a 6.000 que arderon nese mesmo espazo de tempo o mes pasado.

Incendio forestal en Entrimo
Incendio forestal en Entrimo | Fonte: Atbrif

Así as cousas, á marxe eses lumes, segue decretada a denominada 'situación 2' por risco para casas no lume de Entrimo (Ourense), que queimou 2.800 hectáreas, de elas 700 arboradas.

Temas: INCENDIOS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Galahaz

Eu xa estou até o carall0 disto. Así arda todo o monte e o replanten con eucaliptos, que aos gandeiros non lles dean máis que 20 cents polo leite, que os mariscadores non poidan mariscar por estaren as rías cheas de m3rda e que os pescadores queden sen cotas. Total, é o que este país quere, non? Pois que lle dean polo cú ao país e a todos aqueles que perpetúan no poder aos que activa ou pasivamente consenten todo isto negándolle o futuro aos demais. Eu teño unha boa formación e un traballo decente, son novo e estou san, e se teño que marchar o día de mañá de aquí non me vai importar o máis mínimo visto o futuro que me pode agardar. Cando gañen Feijóo e Rajoy en decembro oxalá metan unha estocada brutal nas pensións e instauren o copago farmacéutico xeneralizado, ademais de seguir a desmantelar a sanidade pública e os servizos asistenciais. Total, a min dáme igual porque iso non me afecta, non o uso. Non é así como actúan eles? Pois que lles dean.

2 galiza pola liberdade

mutio era toxal... cousas do pepeiro e do rateiro... leva ardendo desde polo menos 50 anos esto e a consecuencia das políticas expañolentas e criminais na Galiza... desde as repoboacions de eucaliptos e piñeiros que desaloxaron os propietarios do monte, desde a ruina do mercado común, huxe unión europea da farandula (SI O GRAN CAPITAL E OS FACINEROSOS) todo esto ten consecuencias... o expañolismo de merdeiros-podreiros non vai solucionar nada están agravando o problema co seu expañolismo (DEFENSA DE ENCE) son todos uns bandidos e traidores a patria galega, onte xa vimos como renunciaron os dos grupos merdeiros (OS PODREIROS, OS PESOIDEIROS, E OS PEPEIROS A FACER UN ACTO DE SOLIDARIDADE COS VECIÑOS AFECTADOS EN OURENSE POLOS LUMES E SEGUIRON COS SEUS NEFANDOS ACTOS DE PROPAGANDA DE POLITICASTROS) soamente o nacionalismo pode salvar a Galiza todo o demais e conto e mentira...

1 galiza pola liberdade