Por Galicia Confidencial | Compostela | 09/09/2016 | Actualizada ás 10:42
Catro persoas faleceron e medio cento resultaron feridas na mañá deste venres tras descarrilar un tren de pasaxeiros no termo municipal do Porriño (Pontevedra). Un dos mortos é o maquinista.
Segundo os primeiros datos facilitados por Renfe a Europa Press, o sinistro tivo lugar sobre as 9,30 horas. O sinistrado é un tren de pasaxeiros que facía a ruta Vigo-O Porriño.
A Consellería de Presidencia da Xunta confirmou que hai constancia de dous falecidos e varios feridos ao envorcar dous vagóns e quedar outros dous semivolcados. Con todo, o número de mortos podería ser moito maior.
ANGROIS
Trátase dun accidente moi similar ao ocorrido en Angrois fai xa tres anos, xa que o ferrocarril chocou contra un poste de alta tensión nunha zona cunha recta con ampla visibilidade. Polo momento descoñécense as causas do accidente.
Até a zona desprazáronse servizos de emerxencia que están a traballar nos labores de evacuación dos feridos. Alí chegaron unha ducia de ambulancias e un helicóptero medicalizado que tivo que aterrar nas instalacións dun supermercado próximo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.