Comparte esta noticia

As caravanas electorais do PPdeG, PSdeG, BNG e En Marea foron canceladas para a xornada deste venres debido ao accidente de tren ocorrido no Porriño e no que faleceron varias persoas.

Traslado de feridos no tren descarrilado en Porriño
Traslado de feridos no tren descarrilado en Porriño | Fonte: vigoalminuto

Ademais, o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, suspendeu a súa presenza nun acto que tiña en Pontevedra como presidente do PP provincial para acudir ao lugar do accidente.

Fontes dos distintos partidos confirmaron a suspensión dos actos electorais previstos para este venres ante o "gravísimo" sinistro co descarrilamento do tren que viaxaba entre Vigo e O Porto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta