Temas: FEIJóO

Núñez Feijóo será pai dun neno en febreiro

La Voz de Galicia foi o medio que anticipou unha noticia que se coñece a dúas semanas das eleccións.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/09/2016 | Actualizada ás 10:40

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta e candidato do PPdeG á reelección, Alberto Núñez Feijóo, e a súa parella, a directora de Zara Home, Eva Cárdenas, esperan un neno, cuxo nacemento está previsto para febreiro do ano próximo.

Feijóo en San Caetano
Feijóo en San Caetano

Fontes do ámbito do líder popular confirmaron a Europa Press a noticia, que publica este luns 'La Voz de Galicia' e que, ata o momento, só coñecían os seus achegados máis próximos. Unha noticia que se coñece a dúas semanas dos comicios e que pode influír positivamente na imaxe do candidato popular.

Feijóo, agora inmerso na campaña electoral para os comicios do 25 de setembro, nos que intentará revalidar a súa maioría absoluta por terceira vez, estrearase na paternidade con 55 anos, que cumpriu o pasado sábado. A súa parella, de 51, xa ten unha filla.

Definido nalgúns medios como un dos 'solteiros de ouro' do PP, o presidente chegou a afirmar que o matrimonio lle parecía "unha institución moi pouco democrática". Pero, aínda que o gardaba para a súa intimidade, Feijóo si quería ser pai.

De feito, no seu ámbito aseguran que está moi feliz. O pasado sábado chegou a dicir que este 2016 era o ano das peores noticias (perdeu o seu pai recentemente) e tamén o das "mellores", aínda que non concretou máis.

A noticia tamén cumpre un desexo da nai do presidente, quen na campaña galega de 2009, nun dos vídeos difundidos polo partido, o desvelaba: "Di que casou con Galicia. Vaia, home... E Galicia non me dá netos".

Temas: FEIJóO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Hermerico

La Voz entra en campanha "filtrando" oportunamente esta ambiciosa operaçom de imagem, como a que se fijo com Rajói para que optasse à presidência do governo espanhol

1 Segundo

jajajajaj , a Voz xa hai tempo que entrou en CamPPaña !!!!!!

1 Lisardo

Marcial Dorado de padriño da criatura?