¿Que pasará en España, en Galicia e no País Vasco?

Temos ante nós un panorama moi complexo de descifrar, haberá terceiras eleccións?, e cuartas?....gañará o PP en Galicia?, e o PNV no país Vasco?.

Por Carlos González Armada | Vigo | 14/09/2016

Comparte esta noticia

Todas as preguntas son de difícil resolución e dunha análise moi complexa, toca tirarse á piscina sabendo que dentro dela hai moi pouca auga, o cal pode significar unha boa ferida na testa

É moi difícil que en España escapemos dunhas terceiras eleccións, cidadáns xa fixo o ridiculo bastante buscando o goberno con PP e con PSOE, e fracasando 2 veces. O PSOE xa se deu de fronte contra a realidade dúas veces nun pasado recente e o PP fíxoo agora....e dicir, o que pase nas autonómicas Galegas e Vascas determinará se estes partidos atrévense a realizar algún movemento ou non para formar goberno, o máis próximo agora mesmo son as terceiras eleccións, pero isto aínda pode cambiar

En Galicia é moi factible unha maioría ampla (37ou 38 deputados) do PP, que otorgaran o goberno por maioría absoluta ou deixaran a Galicia nunha situación similar á Española; e ese resultado será moi importante para a toma de decisións futuras en Xénova. O caso é que o PSOE está en decadencia; é un partido corrupto, tanto ou máis que o PP, e que en Galicia preséntase sen unha figura relevante, e ademais coa súa "máxima estrela" o alcalde de Vigo enfrontado ao seu partido por non poder colocar aos amigos nas listas....e curiosos que "a máxima estrela" do PSOE sexa o alcalde máis investigado da actualidade, hai 4 ou 5 casos xudiciais abertos con imputados en todos eles e aínda así isto non parece afectarlle

Ao PSOE a única saída futura que queda en Galicia, segundo eu véxoo, é apostar por unha figura nova e fresca, con ideas novas, e que foi moi crítico co actual "presunto corrupto" Abel Caballero; non é outro que o seu sobriño Gonzalo Caballero, que vai de numero 5 por Pontevedra e que segundo manifesta o alcalde de Vigo non debe de ser da cidade a pesar de vivir e pagar os seus impostos nela, e estar empadroado na mesma. Pero a realidade actual é que co cadro que presenta non haberá unha gran compra entre os votantes, o cal reflectirá nun resultado pouco óptimo (cálculo 16 a 19)

Da marea non vou falar, non quero que despois se diga que unhas manifestacións ou unha postura de determinado sector traduciuse nun mal resultado, xa bastante temos cos nosos problemas actuais en podemos como para que salga eu realizando unha manifestación determinada sobre a marea, a realidade apreciada polos cidadáns determinará. O BNG creo que vai obter entre 5 e 6 deputados, posto que a súa situación é estable, xa non creo que poida caer máis, e a súa precampaña está a ser correcta, a súa candidata é a única muller e aínda que non estou de acordo cos seus postulados mantén unha liña coherente cos seus ideais e formulacións

En resumo, non está nada claro o que ocorrerá en Galicia e o seu resultado axudará a saber se Rajoy atrévese a unha segunda arremetida para tentar goberno ou desiste, aínda que os resultados do País Vasco sumarán factores á ecuación. O PNV non creo que vaia a gañar coa maioría necesaria para gobernar e precisará de axuda, e aí virá unha das claves, se ao PNV bástalle coa axuda do PP para gobernar no País Vasco esta co-relacion de poderes podería ser intercambiable coa do parlamente de España e a maioría simple de Rajoy estaría máis próxima...o que vexo claro é que Podemos no País Vasco vai obter un gran resultado, e así será por realizar os procesos de forma coherente

Ou sexa, que se gaña Feijoo con maioría absoluta en Galicia e o PP pode axudar ao PNV para formar goberno no País Vasco é moi posible que nos aforremos unhas terceiras eleccións. Canto máis distante sexa a realidade dese escenario, máis preto estaremos dunhas terceiras eleccións, porque non parece que Podemos e PSOE poidan gobernar coa necesaria colaboración de Cidadáns, e por unha vez nos últimos tempos, Pablo Igrexas está a manter unha postura coherente de non querer pactar un goberno con cidadáns e de dicir non ao PP......se o PSOE quere tentalo terá que ser o PSOE quen convenza a cidadáns de que lles deixen gobernar con Podemos e abstéñanse.....podemos e Pablo Igrexas non poden moverse nin un centímetro da súa postura actual....que neste caso é a correcta  

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA