Un éxito editorial escrito por un neno de 14 anos

Galaxia reedita "Alén da aventura", a premiada primeira novela de Carlos Vila Sexto, hoxe un dos guionistas máis importantes do Estado.

Por GC Tendencias | Ourense | 13/09/2016 | Actualizada ás 09:37

Comparte esta noticia

Carlos Vila Sexto, hoxe recoñecido escritor galego, e guionista importante a nivel internacional -súa é a exitosa serie "Los Misterios de Laura", o produto audiovisual máis vendido internacionalmente na historia da televisión no Estado Español- tiña só 14 anos cando gañou o Premio Rúa Nova de Narracións Xuvenís.

Carlos Vila Sexto
Carlos Vila Sexto

Dende o primeiro momento, foi un éxito comercial,segundo presume a editorial Galaxia. Agora sae unha nova edición dentro da colección Árbore 10 anos onde, estamos seguros, o éxito vai seguir.

Vila Sexo naceu na Coruña en 1977, aínda que a súa vida familiar está moi ligada á cidade de Ourense, onde transcurriu boa parte da súa infancia e adolescencia. Lector e escritor precoz, deuse a coñecer aos catorce anos cando publicou a súa primeira obra, Alén da aventura (1992), gañadora do certame de novela xuvenil “Rúa Nova”.

Un ano máis tarde deu ao prelo Gárgola, outro exemplo do tipo de novela que a Carlos Vila Sexto lle gusta contar: historias ben construídas nas que o medo, o terror ou o suspense fan que o lector non poida deixar de ler. En 1995 publicou Cara a fin da luz, abrindo un período no que se volcou na escrita de guións para series audiovisuais e películas, ámbito no que centra o seu traballo profesional.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta