GC Aberto

Compromiso por Galicia en Vigo demanda unha nova rezonificación escolar para a cidade

Para Compromiso por Galicia (CxG), un ensino de calidade é primordial para o noso futuro como sociedade libre.

Por ENGALIZA | GC ABERTO | 16/09/2016

Comparte esta noticia

En consecuencia entendemos que hai importantes mudanzas pendentes no actual modelo educativo en Galicia. Entre eles está a inclusión da etapa de 0 a 3 anos, o deseño dunha nova política de transporte escolar e unha rezonificación dos centros que teña en conta a densidade demográfica e a idade da poboación ubicando ao alumnado o máis axeitadamente posible prevalecendo sempre o criterio de cercanía do centro ao domicilio familiar.

Desde Compromiso por Galicia (CxG) queremos denunciar a situación que está a padecer en concreto o alumnado dos colexios adscritos ao IES Alexandre Bóveda, totalmente desbordado, e sendo desprazados a outros IES, máis alonxados dos seus domicilios ou ofertando prazas no ensino concertado mentres noutros IES máis perto aos domicilios familiar teñen prazas libres.

Compromiso por Galicia (CxG) quere manifestar o seu apoio á concentración convocada polas FOANPAS (Federación Olívica de nais e país de alumnos de Vigo e Comarca), que terá lugar o vindeiro xoves día 15 ás 17h.

Compromiso por Galicia (CxG) participará na mobilización reivindicando unha nova rezonificación escolar para Vigo, unha nova lei educativa e a gratuidade universal dos libros de texto.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta