Afirma o señor Anxo Lorenzo que se demostra que "Galicia é bilingüe". Trátase dun erro conceptual. Os territorios nunca son ni poden ser bilingües nin monolingües; só as persoas poden ser tal cousa.
Se alguén pretende que as persoas sexan bilingües o que hai é que poñer os medios para que utilicen coa máxima competencia dúas linguas. E iso é un problema técnico que non se resolve desde o prexuízo ideolóxico.
Se a administración evita que unha parte da poboación escolar, ou toda, non adquira plena competencia en galego, estará evitando que esas persoas cheguen a ser realmente bilingües. Se unha persoa castelán-falante non é escolarizada eficazmente para que sexa competente en galego o resultado é que unicamente serán biligües aqueles que xa estean plenamente instalados en lingua galega por orixes familiares e lugar de residencia.
Cando nun país hai unha lingua que domina os medios de comunicación, poño por caso o inglés nos Estados Unidos, toda a poboación infantil acabará coñecendo esa lingua; en todos os casos, mesmo se non están escolarizados ou na súa familia se lle fala outra lingua. Pero só serán bilingües os que teñan unha lingua diferente de orixe (familiar) ou aqueles outros que sigan programas de inmersión lingüística.
Creo que a maioría dos e das que intentaron aprender inglés no nos país só estudando unha materia escolar obrigatoria, non o lograron ate que non pasaron por un programa de inmersión lingüística, por exemplo nos Estados Unidos ou Irlanda.
As veces aburre explicar obviedades
pero o propio nome de "Galicia Bilingüe" é un erro.