A AGAL pídelle aos partidos o impulso do portugués e das relacións con Portugal

Insiste na necesidade de poder utilizar este idioma na Administración galega e en desenvolver a lei Paz Andrade, aprobada por todos os partidos na Cámara galega.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 14/09/2016 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A Associaçom Galega da Lingua (AGAL) acaba entrar en campaña coa presentación dun dećalogo de propostas para esta campaña electoral. Unhas medidas que dará a coñecer aos partidos políticos e que pasan, principalmente, por impulsar a relación con Portugal e co portugués.

Bandeira de Portugal
Bandeira de Portugal | Fonte: jornaldominho.pt

Esta entidade destaca que as ideas presentadas “están á marxe” dos debates socioculturais mantidos habitualmente polos partidos políticos e “poderían ser asumidas facilmente” por calquera un deles. De feito, gran parte dos puntos do decálogo desenvolven a Lei Paz Andrade, aprobada por unanimidade no Parlamento Galego na lexislatura pasada.

Neste sentido, insiste en reclamar un maior ensino do portugués no conxunto da poboacion galega, implantando esta lingua nas Escolas Oficiais de Idiomas nas que aínda falta, nomeadamente, as tres da provincia de Lugo e a sección de Verín en Ourense, sen esquecer o ensino secundario e primario, coa creación de postos de traballo para profesionais do ensino desta lingua.

Para os medios de comunicación públicos, a AGAL reclama un programa de ensino de lingua portuguesa na TVG e facer que a Radio Galega Música se especialice en música galego-portuguesa e lusófona.

Sobre a promoción dos contactos cos países de lingua  portuguesa, o decálogo pon o acento nuha programación cultural común, tanto nos centros socioculturais e educativos dependentes da Xunta, como noutros onde a Administración pode orientar os contidos, insistindo na necesidade de reforzar os contactos interuniversitarios.

Membros da AGAL caracterizados como personaxes das Irmandades da Fala na manifestación do Día das Letras
Membros da AGAL caracterizados como personaxes das Irmandades da Fala na manifestación do Día das Letras | Fonte: Eliseu Mera

En termos económicos e infraestruturais, o decálogo contempla a mellora das comunicacións con Portugal, nomeadamente da liña Celta, e o reforzo de institucións como o Eixe Atlántico e a Eurrexión.

Finalmente, a AGAL, que lanzará en vídeo cada unha destas propostas durante a campaña electoral, para alén de presentalas a cada partido político, propón varias medidas para a normalización da escrita reintegracionista ou do portugués na relación dos galegos e galegas coa Administración pública, como a súa admisión nas bases de concursos literarios, peticións de axudas ou na Universidade.

A  AGAL entende, tamén , que a sensibilidade reintegracionista debería estar representada no Consello da Cultura Galega.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 8 comentarios

4 Zengotitabengoa

3 asuguigui

¿Estes son os catro chalaos que pretenden absurdamente que os nenos galegos estuden en purtujés?

1 Undato

Como fan en Extremadura? Que non falan galego.

2 Galego normal

En Galicia temos o galego e máis o castelán, non precisamos os lusoimperialistas, hoxe pedindo clases de portugués, onte de reunión coa ultradereita portuguesa.

2 Claridade

Moi ben pois empezade reivindicando que alí onde se pode falar galego-portugués, no parlamento europeo, se faga. A deputada de AGE prefire o español.

1 Ghesús Alonso Muentero

Que ten que ver AGE coa AGAL?

2 Hermerico

O que se passa com o "jalejo do pueblo" da indocumentada Lídia Senra é que nom é admitido, afortunadamente, polas pessoas que traduzem. O que também lhe passou à castrapeira Ana Miranda. Outro tanto lhe passaria a Sam Beiras, Ana Pontom, etc...e para os "enxebristas", por muito "acentinho" que tenhas, se se che meteu já a sintaxe espanhola (e mais cousas) na cachola, o que falas é um dialecto do espanhol

1 Isolde

Futuro e liberdade!