Temas: EN MAREA

En Marea pídelle aos seus militantes axuda para financiar a campaña

É a segunda vez nunha semana que a formación que lidera Luis Villares reclama axuda para a campaña electoral.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/09/2016 | Actualizada ás 10:13

Comparte esta noticia

En Marea acaba de pedirlle aos seus militantes un último esforzo para axudar na campaña electoral. Un último esforzo que se traduce en axudas económicas para afrontar os gastos do 25S. “Quedan catro días de campaña, estamos na semana decisiva, e para garantir a nosa independencia, precisamos da forza da xente. En Marea non é nada sen as persoas que están detras, non é nada sen ti. Somos moitas as que queremos un cambio en Galicia, pero para conseguilo temos que comezar a crer na remontada”, apunta nun comunicado interno ao que tivo acceso GC.

Asistentes a Asemblea de En Marea do 15 de maio
Asistentes a Asemblea de En Marea do 15 de maio | Fonte: En Marea

Por iso, pídelle aos seus militantes achegas mínimas de 300 euros e máximas de 6.000 euros. Unhas axudas que, indican, serán devoltas cando remate a campaña. Neste sentido, mesmo apunta á posibilidade de subscribir un microcrédito que, suliña, será devolto “íntegramente” en canto reciban a subvención correspondente aos resultados das eleccións.

“Se queres, e se podes, pregamos a túa axuda no financiamento da nosa campaña, unha campaña modesta, da xente para a xente”, indica. Para realizar estas axudas anima a acudir á web https://achegas.enmarea.gal/microcreditos-persoais/

Este é o segundo chamado á militancia nunha semana para que colabore económicamente. O primeiro foi o pasado 13 de setembro. E nesa carta, a formación destacaba que o seu obxectivo era “modesto”, acadar os 50.000 euros, “unha pequena parte do que os outros partidos se gastan en encher as farolas e as paradas de bus de rostros pétreos”, indicaba nunha comunicación interna.

“A ilusión non ten prezo, nin a honestidade, nin o compromiso. Pero os carteis si, e as fotocopias, e as peaxes que hai que pagar para moverse por esta Galicia orfa de transporte público. Precisamos da túa axuda para que a marea medre nestes días, para que o noso programa chegue a toda a xente asfixiada polas políticas antisociais do PP. Precisámoste para facer deste un país xusto”. Engadía.

Non é a primeira vez que os partidos piden  a axudas dos seus militantes. De feito, o BNG teno feito nas últimas eleccións para afrontar tamén os cuantiosos gastos das campañas. Tamén o PSdeG ten pedido axuda aos seus militantes para que boten unha man.

Temas: EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 21 comentarios

15 Garito de infamia

Uff, uff, pixín¡¡¡ o outro día non había cheo na Coruña precisamente. Aos de Coruña no se la han colau...

14 Que pague esta

Sácano agora para facer dano http://sanchezreverte.blogspot.com....

13 veñanparacaidisras

Os paracaidistas que solten á pita, que non veñan sò á papar nécoras.

12 galego.si

Pero que queren os españolistas de Podemos?. Se La Sexta faille á campaña de balde.

11 Casc

Caral.o para os que van de modestos...! Deben pensar que lle sobra os cartos á xente??? Outra mostra máis de que están perdendo o norte