Xabier Diaz e Budiño dan a benvida ao outono

Forman parte do cartel do III Encontro de Artes e Música que terá lugar o 24 de setembro na Pobra do Brollón.

Por GC Tendencias | Pobra do Brollón | 20/09/2016 | Actualizada ás 18:50

Comparte esta noticia

Segundo nos conta Ricardo Rodicio, concelleiro de cultura, hai tres anos o concello da Pobra do brollón tivo a iniciativa de situar, fóra do barullo de festivais de verán, un encontro galego de artistas e músicos galeg@s de primeiro nivel para darlle simbolicamente a benvida ao outono. Así naceu “As Cores do Outono”. Con éxito de público nas anteriores edicións preséntase este ano cun cartel de continuidade nesta aposta pola cultura artística e musical do país.

Xabier Díaz
Xabier Díaz | Fonte: womex

No programa de actividades para este ano haberá pola mañá un Obradoiro-Master Class de percusión tradicional a cargo de Xabier Díaz e pola tarde, ás 20.30 h.  circo clow para o público familiar a cargo do coñecido Peter Punk.

Xa pola noite, a partir das 22.00 h., o humor do gran Quico Cadaval e as actuacións musicais de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre e Xosé Manuel Budiño.

No recinto festivo haberá tamén encontro de artesáns da contorna e parque infantil para os máis cativos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta