O Popular despedirá ata 3.000 empregados e pechará unhas 300 oficinas

O banco reafirma a súa "pretensión" de acordar cos sindicatos o plan de axuste. En Galicia hai 1.800 traballadadores e 259 oficinas.

Por E.P. | A CORUÑA | 20/09/2016 | Actualizada ás 14:45

Comparte esta noticia

Banco Popular anunciou que o proceso de reestruturación dentro do seu plan de optimización dos recursos afectará entre 2.900 e 3.000 empregados, o que supón ata o 20% do equipo. Ademais, a entidade prevé reducir a súa rede de oficinas nun 14%.

A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular
A plataforma de afectados por abusos bancarios nunha protesta diante do Banco Popular

A data do 31 de marzo de 2016, o Popular contaba en Galicia cun equipo composto por 1.796 empregados e unha rede de 259 oficinas, segundo os datos achegados pola entidade, se ben polo momento se descoñece cal será a incidencia na Comunidade.

Nun comunicado, o banco presidido por Ángel Ron informou de que transmitirá estas medidas aos sindicatos na reunión que celebran as partes este martes. O Popular contaba en España cun equipo de 14.935 traballadores, do que preto de 1.700 son empregados con 59 anos ou máis, e con 2.093 oficinas a xuño deste ano.

O banco concretou que a diminución do equipo afectará sobre todo ás sucursais con menor rendibilidade por empregado e ademais limitará os días de apertura en localidades de menor tamaño. O Popular tamén prevé potenciar a operativa multicanle e a transformación dixital.

Banco Popular transmitía por primeira vez a semana pasada aos sindicatos que iniciaría un proceso de despedimento colectivo no equipo, polo que dende os sindicatos se temía un ERE "de calado".

A entidade tamén prevé abordar na devandita reunión os cambios organizativos para simplificar as estruturas territoriais de apoio á rede comercial e os servizos corporativos.

O banco presidido por Ron defendeu este axuste tanto de equipo coma de oficinas co fin de mellorar a rendibilidade e eficiencia, máis aínda nun contexto prolongado de baixos tipos de interese. A reorganización contribuirá a modernizar a estrutura do banco.

En calquera caso, reafirmou a súa "pretensión" de levar a cabo este proceso de forma acordada cos sindicatos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Eu mesmo

Era mellor que despedisen ao presidente Ron e a algún inútil do Banco Pastor que ainda segue, si ben nun posto máis axeitado as súas "capacidades"