A convocatoria de 128 postos de traballo na Deputación de Ourense, publicada no DOG

Os socialistas de Ourense critican que se está a facer un uso electoralista dos recursos públicos. A Deputación explica que cumpre un compromiso cos empregados públicos.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 21/09/2016 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

No Boletín Oficial de Ourense do 2 de setembro de 2016 publicáronse íntegras as bases da convocatoria mediante concurso ordinario, para a provisión de diversos postos de traballo na Relación de Postos de Traballo da Deputación Provincial de Ourense. Como marca a Lei, o DOG recolle tamén esta convocatoria e faino hoxe, a catro días das eleccións. 

José Manuel Baltar
José Manuel Baltar | Fonte: DF

A cabeza de lista do PSdeG-PSOE pola provincia de Ourense, Noela Blanco esixe “garantías máximas de limpeza e equidade” no proceso logo da “lamentable historia de nepotismo, compra de vontades e ata presunto acoso sexual que agocha a xestión de persoal do ente por parte dos Baltar”.

A candidata socialista esixiulle a Feijóo que explique si “esta manobra forma parte do seu acordo con Baltar de garantirlle votos a cambio de mantelo na Deputación mentres é investigado por suposto cohecho e acoso sexual”. Baltar, engade, “danos exactamente a medida de ata onde chega o compromiso ético de Feijóo, que ampara unha traxectoria de falta de respecto á institución e que avergonza aos ourensáns”.

Blanco anunciou que os socialistas galegos “seguiremos con lupa o proceso de contratación” para garantir a súa limpeza, logo de lembrar que o orzamento de persoal da Deputación de Ourense rolda o 40 por cento do seu orzamento total e o gasto en investimento produtivo non chega ao 20 por cento.

Cando se publicou a convocatoria no BOP, o vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, declarara que "desta maneira, o equipo de goberno da institución provincial cumpre co seu compromiso de impulso á promoción e desenvolvemento persoal dos empregados públicos da Deputación".

Noela Blanco
Noela Blanco

Ademais a institución provincial, asegura que  dentro do sistema de valoración de méritos do concurso, establécese un sistema de baremación integral do coñecemento: cursos de formación e perfeccionamento, nivel de titulación para o desempeño do posto, así como a correspondente valoración da experiencia profesional, sendo a ponderación da formación e a experiencia do 80% e do 20% respectivamente, na procura dunha progresión na carreira profesional axeitada e dunha maior eficiencia dos recursos humanos.

Os 186 postos de traballo están divididos en 86 categorías. Nelas hai postos de todo tipo, dende xerente de teatro até auxiliar administrativo, pasando, entre outros, por chóferes e persoal de emerxencias. Unha boa parte deles son de promoción interna, reservados polo tanto a traballadores públicos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 Sesese

Ala , veña funcionarios que xa pagamos todos. Estando a falar de reducir administración este tío a engorda. Sinvergonzas

4 arraiano

Eu voume presentar. Alomenos teño asegurada unha boa cea nun hotel de lujo. Como é posible que á 'dinastía Baltar' , con dereito de pernada, continúe no século XXI?

3 MaBa

Se es muller as probas na habitación do hotel que todas coñecedes.

2 Xanpirillán

Eu non me presento. Non vaia ser o demo que fagan as probas no FRANCISCO II.

1 galegoexiliado

Genio y figura. Si Señor. Con un par...ou dous. A ver cando, por fin, lle poñen o nome de Baltar á provincia, en vez de esa tontería de Oriente, Oriense, Ourense... BALTAR, provincia de BALTAR. Desta volta maioría absoluta co 99,9 por cento. Rita, aguanta, se fuerte.