O Festival Internacional Galicreques trae a Santiago 24 espectáculos e dedica a súa edición a Latinoamérica

O festival internacional de monicreques Galicreques celebrará a súa edición número 21, que dedica a Latinoamérica, entre os días 24 de setembro e 2 de outubro, un período no que programará a Santiago de Compostela 24 espectáculos para todos os públicos.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2016 | Actualizada ás 18:03 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O festival internacional de monicreques Galicreques celebrará a súa edición número 21, que dedica a Latinoamérica, entre os días 24 de setembro e 2 de outubro, un período no que programará a Santiago de Compostela 24 espectáculos para todos os públicos.

Así informárono este xoves o director da Agadic, Jacobo Sutil, a concelleira de Cultura de Santiago, Branca Novoneyra, e o director da mostra, Jorge Rey, que presentaron a súa edición deste ano.

O XXI Festival Galicreques, organizado pola Asociación Barriga Verde, centrarase no teatro de monicreques e obxectos de Latinoamérica, área dende a que chegan 11 das 21 compañías que este ano participan no efento.

"A idea do festival sempre é a de traer espectáculos que nos mostren outra mirada sobre a cultura e achegar aos nenos e ao público en xeral o teatro que se está a facer noutros lugares", explicou Jorge Rey.

COMPAÑÍAS

No ámbito internacional, Galicreques acolle nesta edición espectáculos de compañías chegadas de Perú, Arxentina, Brasil, Chile, Uruguai, México e Cuba.

Entre as compañías chegadas de Latinoamérica destacan propostas como o espectáculo 'Cinemano', de El Ojo Títeres; os arxentinos Tres Tigres Teatro, que presentan dúas montaxes; ou 'Lucía do espello... testemuños dunha pel', dos peruanos Proyecto Bolboreta.

Non obstante, Galicreques reserva un espazo da súa programación aos grupos de teatro de monicreques galegos, coa participación de seis compañías que programarán oito espectáculos.

Así mesmo, a nómina de participantes complétase con outras catro compañías chegadas dende outras comunidades españolas, como Valencia, Aragón, Castilla a Mancha e Andalucía.

Ademais dos espectáculos que conforman a súa programación central, Calicreques acollerá, do 26 ao 30 de setembro, a representación en horario de mañá de 12 funcións dirixidas a escolares de diversos centros de ensino.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta