Denuncian a politización do Centro Gallego de Buenos Aires

Un grupo de emigrantes presentan unha denuncia ante a xustiza arxentina contra o interventor da institución e solicitan a anulación das últimas eleccións. Hai temor a que a nova xunta directiva se desfaga de valiosas obras de arte pertencentes á institución.

Por Xurxo Salgado | Bos Aires | 22/09/2016 | Actualizada ás 20:40

Comparte esta noticia

Un grupo de socios do Centro Gallego de Buenos Aires, no nome do socio Rafael Osvaldo Méndez González, acaba de presentar unha denuncia ante a xustiza arxentina na que pide a anulación das listas que se presentaron ás eleccións da institución. 

Centro Galego de Bos Aires
Centro Galego de Bos Aires | Fonte: wikipedia

Esta denuncia polo penal, presentada ante a Cámara Criminal e Correccional Nº11 da xustiza arxentina, está personificada na figura do interventor da centenaria institución, Martín Moyano Barro a quen se acusa de ser o responsable dun “fraudulento proceso electoral” que situou ao fronte desta institución a “cargos próximos ao macrismo e ao PP”.

Estes comicios para a elección de autoridades de xunta directiva son os primeiros que se realizan en seis anos despois de que o Instituto Nacional de Asociativismo y Economía Social (Inaes) intervira durante seis anos o Centro Galego e puxera ao seu fronte ao interventor agora denunciado.

Segundo consta na denuncia, varios dos candidatos non reunían as condicións mínimas para poder presentarse a un cargo directivo. Por iso, pide que se investigue a “posible comisión do eventual delito que poida determinarse e/ou dos delitos de incumprimento dos deberes de funcionario público (artigos 248 e 249 do Código Penal) polo uso indiscriminado de fondos e bens de orixe sospeitosa para actuar sobre o resultado do acto electoral e a eventual existencia dunha asociación ilícita”.

Rafael Osvaldo asegura nesta denuncia que o proceso estivo “viciado de irregularidades, froito da acción e/ou inacción de quen foi e é actualmente o interventor da institución, Sr. Martin Moyano Barros, e en eventual conivencia con persoas que decidiron participar como eventuais representantes dos asociados sen cumprir os requisitos legais a tales efectos”.

Feijóo nun acto en Arxentina dentro da semana do libro en Bos Aires
Feijóo nun acto en Arxentina dentro da semana do libro en Bos Aires | Fonte: V.G.

Ademais, critica que varias persoas que figuran como candidatos, e que resultaron finalmente elixidas, non son asociados da institución, “ou ben non reúnen a antigüidade disposta polos estatutos para participar con todos os seus dereitos do acto electoral nin ser elixidos”. Neste sentido, aporta na denuncia unha relación de ata dez persoas con nome e apelidos.

“Como poderá observarse as irregularidades denunciadas afectaron en forma grave o principio de legalidade respecto do acto eleccionario, violando de maneira palmaria os estatutos da institución, conculcando os principios básicos do acto electoral e os dereitos dos asociados de elixir e ser elixidos, a máis dos dereitos constitucionais garantidos pola nosa Carta Magna, alicerces da democracia, ocasionando o denunciado que o acto electoral resulte nulo de nulidade absoluta e insanable e solicitando investíguese as responsabilidades penais daqueles que permitiron o avasallamiento dos dereitos dos asociados”, recolle a denuncia.

O denunciante integra a recentemente creada Agrupación Alfonso Castelao, que aínda non está recoñecida como unha das agrupacións políticas do Centro Galego. Esta asociación foi a que se enfrontou coa candidatura gañadora, a agrupación política Breogán, que encabeza Alfonso Mourente, e que estaba apoiada polo novo goberno arxentino e o PP.
GC púxose en contacto o pasado martes co secretario do interventor para saber a súa opinión ao respecto pero, polo momento, non obtivo resposta.

Venda de patrimonio do centro

Precisamente, unha das cuestións que máis temor suscita entre os socios é a venda do valioso patrimonio que posúe o Centro Galego –numerosos bens materiais e cadros de artistas galegos como Seoane, Laxeiro ou Castelao, e outros estranxeiros--. Polo momento, a nova Xunta escúdase en que estas obras de arte teñen que ser inventariadas e taxadas polo Banco de Buenos Aires porque son “patrimonio arxentino”. Sen embargo, fontes consultadas temen que acaben sendo vendidas para pagar as cuatiosas débedas contraídas polo Centro Galego durante a súa época de intervención.

Asociacións de emigrantes propuxeron cambiar ao actual interventor e realizar unha xestión compartida cunha xunta transitoria. Unha proposta que non saíu adiante porque a figura que o goberno situou para controlar o centro galego, segundo estas fontes, e ex intendente da Cidade de Bos Aires, é moi próximo ao actual presidente Macri. Tampouco prosperou, din ,por presións da propia Xunta a través da Embaixada Española en Arxentina.

Precisamente, a esta situación ténse referido xa a dirixente socialista Marisol Soneira quen acusa á Xunta de Galicia e o seu Presidente de terse despreocupado do Centro Galego de Buenos Aires. “Tampouco o Goberno do Estado, presidido por outro galego, son alleos ao saqueo e liquidación do patrimonio material e do seu inconmensurable valor inmaterial para os galegos e para o conxunto dos españois. Tampouco son alleos a esta lamentable situación moitos destacados socios que prefiren aplaudir as falcatruadas das autoridades galegas, españolas e nacionais arxentinas, antes que defender o patrimonio común do pobo galego”, criticou.

“Si Galicia consente a perda do Centro Galego de Bos Aires estará cometendo un dos maiores actos de traición a súa historia e a súa memoria colectiva. Feijoo debería adicar mais tempo a solventar este asunto que a viaxes, dos que nunca da conta, de publicidade propaganda pero sen ningún contido. E que dicir de Rajoy? Pois que é un especialista en deixar que apodrezan os asuntos convencido de que se arranxan solos”, suliñou.

No mesmo senso, e nunha carta dirixida ao presidente Feijóo, Francisco Lores, presidente da Asociación das Federacións Galegas en Arxentina alerta de que “non vai permitir que ningún grupo político actúe en contra dos intereses da colectividade, que xa está preparada para impedir que saían do país, como sucedeu, o material histórico que pertence a 10 millóns de galego-arxentinos”.

“Pode ser que gañes as eleccións; se asi fora, considero que terías que botar a este grupo de impresentables que dirixen ao Partido Popular na Arxentina, quen envorcados na súa propia lama, salpican as bases do teu partido e tamén baixar a este conxunto de corruptos que encabezan Ospaña, que se formou sacándolle aos socios ao Centro Galego”, engade.

Texto da denuncia presentada por Rafael Osvaldo Méndez:

I.- OBJETO. 

Que vengo por medio del presente a impetrar formal denuncia por la posible comisión del eventual delito que pueda determinarse y/o de los delitos de Incumplimiento de los deberes de Funcionario Público. Artículos 248 y 249 del CP., por el uso Indiscriminado de fondos y bienes de origen sospechoso para actuar sobre el resultado del acto electoral y la eventual existencia de una Asociación Ilícita, en razón de las consideraciones de hecho y derecho que paso a exponer:

II.- HECHOS.

Que el suscripto es asociado número 286.478 del Centro Gallego de Buenos Aires. 

Que el pasado día 28 de Agosto se celebró en dicha institución, una elección de autoridades viciada de irregularidades, fruto de la acción y/o inacción de quien fuera y es actualmente el interventor de la institución Sr. Martin Moyano Barros y en eventual connivencia con personas humanas que decidieron participar, como eventuales representantes de los asociados sin cumplir los requisitos legales a tales efectos.

Que conforme surge solo de cotejar los padrones electorales de los años 2014 y 2016, puede verse sin ningún halo de duda, que varias personas humanas que figuran como candidatos, y a la poste elegidos, no son asociados de la institución, o bien no reúnen la antigüedad dispuesta por los estatutos para participar con todos sus derechos del acto electoral, ni ser elegidos.

Las listas de candidatos se presentaron de manera extemporánea a lo establecido por la reglamentación vigente, impidiendo con ello el control de legalidad pertinente, en cara maniobra fraudulenta con los principios básicos democráticos que deben regir todo acto electoral.

Varias de las personas humanas elegidas en la elección de autoridades referidas, no figuran como asociados en el padrón del año 2016 que adjunto, y otras no figuran en el del año 2014, por lo que no tienen la antigüedad requerida por el estatuto para ser elegidos.

Ello motivo la remisión de la pertinente Carta Documento, a tenor del siguiente texto:

HABIENDO TOMADO CONOCIMIENTO RECIENTEMENTE, DE LA EXISTENCIA DE IRREGULARIDADES QUE AFECTAN EL COMICIO A REALIZARSE EL PROXIMO DIA DOMINGO 28 DE AGOSTO DE 2016 EN EL CENTRO GALLEGO DE BUENOS AIRES MUTUALIDAD COMO POR EJEMPLO: A) LA EXISTENCIA DE LAS MISMAS PERSONAS HUMANAS EN AMBAS LISTAS ACEPTADAS PARA EL ACTO ELECCIONARIO (VGR.:A) SOCIO Nº 200.313 Marcial Sánchez González, B) SOCIO N 183.459 Ignacio Turnes Duro, C) SOCIO N 168.593 Ana María Alvarez, D) SOCIO N 330.943 Roberto García D) SOCIO N 330.944 Gelmini Norma Edith E) SOCIO N 281.727 González Rafael Francisco, F) SOCIO N 217.424 Ramiro Núñez, G) SOCIO N 145.972 Lidia Etelvina Saez, H) SOCIO N 121.077 González Judith I) 263.187 Alicia Escudero, J) SOCIO N 185.760 José Filgueira Placer, entre otros) B) LA EXISTENCIA EN LAS LISTAS DE PERSONAS HUMANAS QUE NO TIENEN LA ANTIGÜEDAD REQUERIDA TODA VEZ QUE SU REINCORPORACION SIN MEDIAR DECLARACION DE AMNISTIA LOS COLOCA EN LA CONDICION DE SOCIOS NUEVOS, Y SU PRESENCIA VIOLA CLARAMENTE EL ESTATUTO DEL MISMO Y LA LEY.

LO INDICADO PRECEDENTEMENTE AFECTA EN FORMA GRAVE E INSANABLE EL PRINCIPIO DE LEGALIDAD, VIOLANDO LOS ESTATUTOS DE LA INSTITUCION, CONCULCANDO LOS PRINCIPIOS BASICOS DEL ACTO ELECTORAL Y LOS DERECHOS DE LOS ASOCIADOS, Y DE NUESTRA CONSTITUCION NACIONAL, PILARES DE LA DEMOCRACIA, OCASIONANDO ELLO QUE EL ACTO ELECTORAL RESULTE NULO DE NULIDAD ABSOLUTA E INSANABLE.

ASIMISMO RESULTA GROSERA LA VIOLACION DEL CONTROL DE LEGALIDAD CORRESPONDIENTE, POR PARTE DEL INTERVENTOR DESIGNADO A TALES EFECTOS.

FRENTE A TALES HECHOS CORRESPONDE SUSPENDER EN FORMA INMEDIATA LAS ELECCIONES REFERIDAS, LAS CUALES SOLO PUEDEN TENER LUGAR EN UN REPETO IRRESTRICTO AL PRINCIPIO DE LEGALIDAD.

NOS RESERVAMOS LAS ACCIONES ADMINISTRATIVAS, CIVILES Y/O PENALES QUE CORRESPONDAN.

Como podrá observarse, las irregularidades denunciadas han afectado en forma grave el principio de legalidad respecto del acto eleccionario, violando de manera palmaria los estatutos de la institución, conculcando los principios básicos del acto electoral y los derechos de los asociados de elegir y ser elegidos, a mas de los derechos constitucionales garantizados por nuestra carta magna, pilares de la democracia, ocasionando lo denunciado que el acto electoral resulte nulo de nulidad absoluta e insanable y solicitando se investigue las responsabilidades penales de aquellos que permitieron el avasallamiento de los derechos de los asociados.

III.- SOLICITA PRUEBA

IV.- ACOMPAÑA DOCUMENTAL

1. Se acompañan padrones de los años 2014 y 2016

�V.- PETITORIO:

Por todo lo expuesto solicito:

La anulación total de todo lo actuado.

El desplazamiento del Interventor actuante, y la solicitud al organismo de aplicación de la inmediata normalización económica de la entidad, toda vez que esa fue la razón que dio origen a la intervención. 

La Condena efectiva a todos los actores comprendidos en actos que lesionan lo intereses de los socios de la Institución únicos y auténticos dueños del bien administrado.

El Nombramiento de un delegado normalizador que en un plazo preestablecido proceda en conjunto con una comisión de socios elegida democráticamente a poner en marcha un plan de reordenamiento que devuelva el Centro a sus dueños en condiciones reales de auto sustentabilidad.

PROVEER DE CONFORMIDAD,�SERÁ JUSTICIA.-

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta